Afeccionado
Este sábado, día 19 de outubro, o Grupo de Teatro A Mariña representará a súa obra titulada “Teatro contra o bullying. Eres único”. Será no salón de actos do Concello de Cervo ás 19:00 horas.
Esta representación está incluída dentro do circuíto de teatro afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Do 11 ao 13 de outubro terá lugar en Ribadeo a XXI Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que foi presentada pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, e pola viúva do autor ribadense, Mati González.
A edil ribadense indicou que “como cada ano lembramos ao autor ribadense Daniel Cortezón acollendo unha mostra do teatro afeccionado que se está a facer agora mesmo en Galicia. O Grupo de Teatro de Ribadeo é o anfitrión desta cita, que contará tamén coa participación de 57 Palabras, de Viveiro, e de Rebuldeira Teatro, de Sarria. As funcións serán no auditorio municipal ás 20.00 horas os días 11,12 e 13 de outubro (venres, sábado e domingo) e a entrada terá un prezo de 3 euros”.
Sanjurjo explicou que “o venres, o grupo 57 Palabras representa dúas pequenas obras: Orde e matrimonio e Entre nosoutras. 57...
leer másA trixésimo oitava edición da Semana do Teatro Afeccionado do Valadouro celebrarase desde o día 31 de agosto, sábado, ata o 6 de setembro, venres, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro, con entrada de balde. Todas as representacións serán ás 22:00 horas.
O Concello do Valadouro anuncia: “nesta edición contamos con grupos de fóra e do sur da provincia de Lugo, sen esquecernos da representación mariñá nin dos grupos locais. Un dos grupos é a primeira vez que acude ó Valadouro e o resto é raro que se hai obra en cartel non acudan ó escenario da Casa da Cultura dentro da programación da Semana do Teatro ou mesmo noutras citas que coordina a Concellería de Cultura do Concello do Valadouro. Para que este programa se leve adiante cóntase coa axuda Xunta de Galicia”.
O día 31 de agosto o grupo da...
leer másO Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta en Burela a obra de teatro “O traballo de Andrea”, orixinal de Ignasi García Barba, con tradución e adaptación de Ramón Casas Oroza. Será na Casa da Cultura este venres, 22 de marzo, ás 21:00 horas.
É un representación para público adulto e o prezo das entradas é de 5 euros. Venderanse a partir das 20:00 horas.
Volve o teatro afeccionado á Casa da Cultura do Vicedo. Nesta ocasión o domingo 11 de febreiro ás 19:00 horas o grupo Andanzas, de Viveiro, presenta unha homenaxe aos irmáns Álvarez Quintero con 3 obriñas: "Sangre gorda", "Mañanita de Sol" e "Ganas de Reñir".
A organización desta actividade destaca que “este grupo de teatro afeccionado Andanzas xa estivo en máis ocasións no Vicedo e sempre con gran éxito”.
En Barreiros continúa o ciclo de teatro afeccionado coa representación de “Aire fresco” a cargo do grupo cervense Ardora Teatro.
Trátase dunha comedia apta para todos os públicos na que o seu autor, Francisco Piñeiro, trata de poñer o foco sobre os problemas comúns, que todos e todas temos na cotiandade, pero tenden a ser invisibilizados tras a crise provocada pola covid.
A representación terá lugar este sábado, 16 de decembro, ás 19.00 no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros con entrada de balde ata completar aforo.
O ciclo de teatro está enmarcado no circuíto de teatro afeccionado, que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha para manter o apoio ás artes escénicas así como ofrecer a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.
O grupo de teatro Lume Escénico, da Pontenova, representará a obra titulada “Pontenova Fassion Wii” este domingo, 10 de decembro, ás 20:00 horas no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros.
É unha comedia apta para todos os públicos, que está dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Área de Cultura).
A entrada será libre e de balde ata completar aforo.
O salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo, do Valadouro, acollerá este domingo, 3 de decembro ás 19:00 horas a representación da obra “O Velorio” a cargo do grupo Borguete Teatro, de Vilalba. É unha actividade con entrada de balde, incluída no Circuíto de teatro afeccionado 2023, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
É unha adaptación da obra “Os cravos de prata”, de Nicolás Belá, dirixida por Guillermo Cancedo. A sinopse é: “Pat O'Connor é un terratenente enfermo que, nos seus aparentes derradeiros días de vida, planifica o seu propio velorio por todo o alto, sen ter en conta que tamaño estipendio podería supoñer o endebedamento da súa familia, a cal non está pola labor, e que desencadeará unha serie de situacións de difícil solución”.
O grupo teatral Pico do Castro, procedente de Foz e activo dende o ano 2014, presentará na Casa da Cultura de Burela a comedia para todos os públicos ‘As mentiras teñen os pés pequeniños’. Será este venres, 17 de novembro ás 21:00 horas.
Na obra, escrita e dirixida por Juan José Villarino, Bieito atópase sen querer en posesión dunha bota pertencente á dona do belicoso coronel Leóni, polo que terá que agudizar o enxeño para pasarlle a outro incauto a responsabilidade do asunto e ficar libre de represalias.
A representación forma parte do Circuíto de Teatro Afeccionado 2023, da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e a entrada para vela será de balde.
O Concello de Barreiros continua programando actividades culturais de outono coa obra de teatro “O menciñeiro á forza” que será representada polo grupo de teatro de Alfoz “Os pícaros de Lagoa”.
A obra é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo crego e escritor chairego Xosé Manuel Carballo Ferreiro. Trátase dun texto baseado na famosa comedia El médico a palos de Molière.
A representación teatral, que terá lugar o domingo 12 de novembro ás 19:00 horas no centro sociocultural de San Cosme, está enmarcada no circuíto de teatro afeccionado que a Vicepresidencia da Deputanción de Lugo puxo en marcha para manter o apoio ás artes escénicas así como ofrecer a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »