Cervo acollerá a I Mostra de Cantareiras e Cantareiros o 5 de outubro

A asociación cultural Airiños do Xunco organiza a primeira Mostra de Cantareiras e Cantareiros para o día 5 de outubro, sábado. Será no salón de actos do Concello de Cervo ás 18:30 horas e actuarán os grupos de cantareiras e de cantareiros de Son D’Aquí (A Coruña), da A.C. Saíñas (Xove) e Cordenaia, de Cervo.

“Logo de moitos anos traballando polo grupo, Airiños do Xunco volve a celebrar a súa mostra anual pero desta vez de cantareir@s. Temos o pracer de convidarvos á I Mostra de Cantareiras e Cantareiros, que se celebrará o sábado 5 de outubro no salón de actos do Concello de Cervo. Contaremos co grupo veciño AC Saiñas e os amigos de Son D’Aquí, que veñen dende a Coruña”, anuncia Airiños do Xunco, que engade: “agardámosvos a todos para desfrutar dunha representación da nosa cultura”.