A Casa da Cultura de San Ciprián (Cervo) acolle unha exposición sobre o mar desde este xoves, 10 de outubro

O Concello de Cervo anuncia: “este xoves, día 10 de outubro, temos unha cita importante con motivo do Día Mundial da Saúde Mental: a inauguración da mostra Conecta co mar. O mar é vida”.

O acto será na sala de exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián, ás 11:30 horas.