Guía

06/10/2024

O libro titulado "Guía micolóxica básica da provincia de Lugo", escrito por Julián Alonso Díaz, José Castro Ferreiro, María Cristina García-Echeve Puente e Antonio Rigueiro Rodríguez, será presentado en Mondoñedo o día 19 de outubro, sábado.

Este acto, que será presentado por José Ramón Reges, terá lugar no auditorio municipal Pascual Veiga ás 19:00 horas.

É unha actividade organizada pola asociación Sendeiriña coa colaboración do colectivo As San Lucas e o Concello de Mondoñedo.

Etiquetas:
10/05/2024

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou na Catedral de Lugo, nun acto aberto ao público, a cuarta e última guía do románico editada pola institución provincial para difundir e poñer en valor este patrimonio na provincia, dedicada ás comarcas de Lugo, A Terra Chá e A Mariña. Un libro que, tal e como explicou José Tomé, vén a completar o proxecto editorial que iniciou a Deputación no ano 2021 con publicacións sobre este tipo de arte no conxunto da provincia. 

Na presentación, o Presidente estivo acompañado polos deputados provinciais PabloRivera Capón e MarisolMorandeira; o Vicario xeral da Diocese de Lugo, Mario Vázquez; a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; e tamén alcaldes e alcaldesas das comarcas de Lugo, A Mariña e Terra Chá.

“Cando presentamos este proxecto, faciámolo convencidos...

leer más
Etiquetas:
13/04/2022

O Concello presentou a súa nova guía RibadeoXNatural e tamén unha app de sendeirismo, xeoturismo e cicloturismo. O acto tivo lugar no salón de plenos e contou coa asistencia do alcalde, Fernando Suárez, e dos concelleiros de Cultura, Medio Rural, Medio Ambiente e Turismo, Pilar Otero, Marcos Villamil, Jorge Díaz e Pablo Vizoso. 

Vizoso Galdo explicou que “esta guía de RibadeoXNatural pode atoparse en formato dixital na sección de “Momentos” da páxina de turismo (turismo.ribadeo.gal) ou en papel, nas oficinas de turismo do Concello e ademais estes días repartiranse máis de 500 exemplares entre os aloxamentos do noso municipio”.

O edil ribadense contou que “a app para móbiles xa se pode descargar tanto para dispositivos de Android como IOS co nome RibadeoXNatural Concello de Ribadeo. Trátase dunha aplicación que...

leer más
Etiquetas:
24/03/2021

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio de Turismo de Galicia, publica unha guía do xeodestino como ferramenta para promover os principais atractivos e produtos do territorio en coherencia coa estratexia de promoción e dinamización que a Mancomunidade fai da comarca no seu conxunto e en base ao turismo slow e sostible. A publicación denomínase A Mariña Lucense ao descuberto. 

O ente supramunicipal acaba de facer pública unha guía do xeodestino que xurde seguindo os pasos da súa renovada web para aportar valor engadido aos visitantes da Mariña Lucense. En formato revista, amosa pinceladas de todas as posibilidades que ofrece o destino -coa opción de afondar en diversos aspectos a través de códigos QR e enlaces- e busca favorecer a calidade da experiencia turística e a permanencia do turista no territorio. Xurde tamén coma...

leer más
Etiquetas:
02/11/2020

O Concello de Ribadeo creou unha páxina web que ten por obxectivo dar unha maior visibilidade aos negocios locais nun entorno tan influínte e divulgador como é internet. Cun só clic poderase coñecer a ampla oferta de establecementos este concello. Esta é unha iniciativa da Concellaría de Desenvolvemento Local xunto coa Área Tic da Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade.

Segundo explican desde o Concello “trátase dunha guía que mostra diversa información acerca dos negocios ou empresas sitas en Ribadeo. Nela poderase consultar, por categorías ou tipoloxías, información de contacto, enlaces ás redes sociais ou á propia páxina web así como dirección ou horario dos establecementos do Concello. A páxina web inclúe un apartado de Compra online, no que figuran aquelas entidades que dispoñen de servizo para mercar ou contratar os seus...

leer más
Etiquetas:
14/07/2020

ACISA presentou hoxe o seu novo selo Ribadeo Seguro, un certificado gratuíto que concederá aos negocios e locais asociados que cumpran coas normas de seguridade e hixiene fronte ao Covid-19, co fin de mostrar ante a veciñanza e os turistas que Ribadeo é un lugar seguro para mercar e consumir. 

Dende a patronal aseguran que esta é unha forma sinxela e práctica de axudar a reactivar canto antes a economía local, dando as máximas garantías e reforzando a confianza da cidadanía. 

O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, indicou que “esta iniciativa xurde da necesidade de dicirlles aos nosos clientes, sexan veciños ou visitantes, que Ribadeo é un lugar seguro para mercar e consumir, que poden confiar en nos e nos nosos negocios, que Ribadeo é un lugar onde se cumpren todas as normas e onde podemos facer unha...

leer más
19/01/2020

O Concello de Mondoñedo arranca a 2ª edición da guía na que se presenta como municipio para investir. Así o indica a alcadesa, Elena Candia, quen valora positivamente esta iniciativa que recolle unha liña de axudasxa en vigor e xurde cun obxectivo claro, o de atraer investimento e crear postos de traballo no municipio.

O novo documento ponse en marcha unha vez que se acadaron os obxectivos da primeira edición. Proba delo, é que parte dos edificios que se identificaron como ociosos (naves de San Lázaro, antigo sanatario de Cabanela ou as casas indianas) xa teñen nestes momentos un proxecto en marcha.

A nova edición constitúe un dos principais instrumentos da entidade local contra a perda de poboación e enmárcase na liña do plan estratéxico de subvencións aprobado.Asemade, dá continuidade á primeira que incluso fora...

leer más
Etiquetas:
16/11/2019

O comercio e a industria local son pezas fundamentais no desenvolvemento económico dos concellos. O goberno municipal de Mondoñedo, presidido por Elena Candia, consciente da relevancia do comercio local, impulsa distintas iniciativas para promocionalo. En colaboración con Aciam, presidida por Ángel Marful, distribúe a todos os domicilios exemplares da Guía do Comercio Local de Mondoñedo.

Esta publicación impulsada polo Concello e Aciam ten 48 páxinas. Nelas figuran os nomes, enderezos e teléfonos de máis de 300 establecementos, agrupados en 36 actividades. Esta publicación estivo exposta ao público co obxectivo de que fora posible corrixir erros.

Esta iniciativa forma parte da política de promoción do comercio local que leva adiante o goberno local presidido por Elena Candia. Desde o Concello destácase a...

leer más
Etiquetas:
29/08/2019

O Concello de Mondoñedo e a ACIAM, na súa labor a prol do comercio local, ben de rematar un traballo de varios meses de recollida de datos para a creación dunha Guía do Comercio Local.

Tras varias comunicacións á cidadanía solicitando a súa colaboración ao longo deste tempo, chegáronse a recoller máis de 300 negocios que agora van a saír á luz nunha guía de man.

Neste momento, os datos recollidos, antes da edición, pasan a exposición pública ata o día 15 de setembro (incluído) para correccións de erros da mesma por parte dos interesados.

Esta exposición pública está nas oficinas centrais do Concello de Mondoñedo e na Oficina de Turismo, onde haberá unha copia impresa para que os interesados a poidan revisar, corrixir ou aumentar as referencias da mesma.

Etiquetas:
14/06/2019

A Mancomunidade de Municipios da Mariña presentou este mediodía en Foz a guía das Rutas de Artesanía. Editáronse 13.000 exemplares en tres idiomas: galego, español e inglés, que serán distribuídos, xunto ao resto da cartelería, polas oficinas de turismo e os puntos de información turística da zona. A guía recolle seis percorridos visitando a outros tantos artesáns e tamén a súa contorna. Dos días 16 ao 30 de xuño, durante as fins de semana, haberá unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer estas Rutas de Artesanía da Mariña Lucense. Estas accións realízanse con cargo ao convenio asinado co Axencia de Turismo de Galicia. 

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, lembrou esta mañá que “xa se tiña iniciado este proceso no ano 2015, nunha iniciativa da Mancomunidade. Leváramos esta idea a un concurso...

leer más