Coloquio
Ferreira do Valadouro acollerá unha lectura dramatizada de “Danza da mentira”, de Xesús Pisón, a cargo de Manuel Lourenzo e Inma Orol. Tamén haberá un coloquio e da presentación encargarase Lionel Rexes. Será este sábado, día 10 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa do Concello do Valadouro, 1º andar.
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.
O xoves, 18 de abril, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que teremos un coloquio arredor da súa última novela A Ferida Imaxinaria.
Esta actividade encádrase dentro da programación do club de lectura A carón dos libros que promove a libraría. É unha proposta aberta para todo o público que queira asistir.
Berta Dávila é unha das voces máis orixinais dentro da nova narrativa galega tanto nos temas que aborda como nas técnicas de escrita que escolle. Foi merecente do premio nacional da crítica en 2019 pola novela Carrusel e do premio Xerais de narrativa 2021 por Os seres queridos. Ademais de narrativa tamén é autora do poemario a Raíz da fenda polo que acadou o premio nacional da Crítica en 2013.
A ferida imaxinaria é a súa última novela que ven de ser publicada por...
leer másO venres, 22 de marzo, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila “coa que teremos un coloquio arredor da súa última novela A ferida imaxinaria”, explican desde a organización.
Esta actividade encádrase dentro da programación do Club de Lectura A carón dos libros, que promove a libraría focense. Trátase dunha proposta aberta para todo o público que queira asistir.
Berta Dávila é unha das voces máis orixinais dentro da nova narrativa galega tanto nos temas que aborda como nas técnicas de escrita que escolle. Foi merecente do premio nacional da crítica en 2019 pola novela Carrusel e do premio Xerais de narrativa 2021 por Os seres queridos. Ademais de narrativa tamén é autora do poemario a Raíz da fenda, polo que acadou o premio nacional da crítica en 2013. A ferida imaxinaria é a súa última novela que ven...
O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá este venres, 23 de febreiro, ás 21:00 horas un coloquio sobre os sectores primario e secundario no Val do Ouro, que será gravado polo programa de radio e de Facebook Mariña Marabillosa. A entrada é de balde.
Será coordinado por José Vázquez Peinó e participarán como convidados:
Eduardo Rega (Carrocerías Hermanos Rega), Fernanda Casabella (coidadora de persoas dependentes), Lionel Rexes (escritor e mestre), Alberto Geada "Buyo" (artesán zoqueiro), Cristina Fernández (administrativa), Henry Geada (administrador loteiro); María Hermida (Xerente de hotel) e Antonio García (economista e profesor da Universidade da Coruña).
O Ribadeo Indiano,que organizan o Concello e Acisa, está ás portas e xa están aquí as Antevésperas cun coloquio e con actuacións musicais para a vindeira fin de semana.
As Antevésperas arrincan o 1 de xullo cun Coloquio Literario que terá lugar na Casa do Viejo Pancho ás 20:30 horas. Alí o escritor Xesús Fraga falará de Virtudes (e misterios). O acto será presentado pola concelleira de Cultura, Pilar Otero Cabarcos.
A música será protagonista tamén nas Antevésperas. O auditorio municipal acollerá a actuación de Jamila Purofilin o sábado, 2 de xullo, ás 21 horas. O espectáculo denomínase La cubana en Nueva York, 25 años de Purofilin. A entrada é de balde.
E o domingo, 3 de xullo, ás 21 horas no Quiosco da Música do Campo de San Francisco terá lugar o concerto de Boroa, que se trasladará...
leer másNa Librería Bahía celebrarán o día das letras galegas o 18 de maio por ser festivo o día 17.
Desde este establecemento explican que “organizamos en colaboración co club de lectura da Pomba do Arco un coloquio co escritor vivariense Manuel Lopez, xerente de Gráficas Lar, editor e autor do relato Tres Balas, editado por Edicións Embora”.
Tres Balas é o relato do último día da vida dun fuxido da Guerra Civil. A través dos acontecementos e pensamentos do seu personaxe, Manuel da conta cunha prosa fermosa e concisa do que foi a realidade dos fuxidos e de todos aqueles que, dende as vilas e aldeas, mantiveron contacto con eles. Unha historia próxima aínda no tempo que cómpre manter viva.
Ademais do coloquio que se celebrará o xoves, 18 de maio, ás oito e media da tarde, durante todo o día o libro galego terá un 10...
leer más
O Concello de Foz organiza unha mesa coloquio sobre violencia de xénero e mocidade. Será este sábado, día 22, ás 18 horas no salón de actos da casa da cultura Poeta Manuel María. Dende a organización explicaron que “continuamos o traballo que comezou no ano 2013 coa campaña denominada Para querer, quérete, ante a preocupación sobre a maior cantidade de casos de violencia de xénero na mocidade, onde as relacións comezan a unha idade máis temperá. Nesta ocasión achegamos no formato de mesa coloquio a profesionais que traballan neste ámbito. Así teremos a: Julia Vidarte, educadora familiar do Concello de Foz; Javier Ponte, orientador do C.P.R. Martínez Otero; Ana Pacio, xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno e un especialista no tratamento e atención de vítimas de violencia de xénero...
leer más