O 18 de abril a escritora Berta Dávila estará na Libraría Bahía, en Foz, falando da súa última novela A Ferida Imaxinaria

O xoves, 18 de abril, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que teremos un coloquio arredor da súa última novela A Ferida Imaxinaria.

Esta actividade encádrase dentro da programación do club de lectura A carón dos libros que promove a  libraría. É unha proposta aberta para todo o público que queira asistir.
 
Berta Dávila é unha das voces máis orixinais dentro da nova narrativa galega tanto nos temas que aborda como nas técnicas de escrita que escolle. Foi merecente do premio nacional da crítica en 2019  pola novela Carrusel e do premio Xerais de narrativa 2021 por Os seres queridos. Ademais de narrativa tamén é autora do poemario a Raíz da fenda polo que acadou o premio nacional da Crítica en 2013. 

A ferida imaxinaria é a súa última novela que ven de ser publicada por Edicións Xerais.