Raíña do Entroido

23/01/2025

O Concello de Foz continúa o seu traballo na organización do Entroido deste ano. O primeiro evento do mesmo é a Cea de Coroación da Raíña, que será o día 15 de febreiro na carpa da rúa Atalaia. Neste evento a raíña entrante, Coral Rey Oliveros, recibirá a coroa da raíña saínte, Carlota Fernández del Riego. Coma nos últimos anos, a maneira de anotarse é a través do correo electrónico, polo que se pon a disposición a dirección entradascoroacionfoz@gmail.com para facer a inscrición. O prazo comeza o luns 27 de xaneiro ás doce da noite e remata o 2 de febreiro.

O Concello de Foz explica que “as entradas serán outorgadas por orde de entrada e ata cubrir o aforo. Para anotarse será necesario enviar un listado cos nomes das persoas que queren acudir, o nome da mesa (tradición desta cea), así...

leer más