O Concello de Burela conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBI+ con diferentes actos os días 25, 27 e 28 de xuño.
O martes 25 de xuño ás 18.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello terá lugar un obradoiro, impartido pola asociación Alas A Coruña, sobre Diversidade LGTBI+.
O 27 de xuño, ás 18:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello, haberá unha charla, impartida pola asociación Arelas, sobre ‘Vivencias Trans, do mito á realidade’, centrada na realidade trans infanto-xuvenil.
O 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI+, ás 19:00 horas na Praza do Concello procederase á lectura do manifesto institucional cunha mostra de baile tradicional, coa actuación do grupo As Grileiras.
O Concello de Burela apoia as reivindicacións do colectivo LGTBI+, que “non son outras que poder vivir en liberdade segundo a súa orientación ou condición sexual”.
“Burela é un concello aberto, respectuoso e plural, coa celebración do Orgullo damos pasos para acadar unha igualdade real”, sostén a alcaldesa, Carmela López.
“Dende o Concello sumámonos ás reivindicacións do colectivo LGTBI+, defendendo a liberdade de calquera persoa de vivir a súa orientación sexual e identidade de xénero libremente”, engade a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Alejandra Fernández.