Eventos
O CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro Mora, de Mondoñedo, organiza a primeira xornada de portas abertas e feira da ciencia para familias. Será este venres, 14 de xuño, de 16:00 a 17:30 horas na biblioteca do centro.
“Únete a nós o venres 14 de xuño na biblioteca do centro para unha tarde emocionante de ciencia, experimentos e diversión para toda a familia. Tamén poderás disfrutar e coñecer os traballos que os nosos alumnos realizaron ao longo do curso na biblioteca escolar Bibliomerliño. Descubre o fascinante mundo da ciencia!”, anuncia a organización deste evento.
A parroquia focense de Vilaronte celebra as súas festas patronais do San Xoán os días 15, 21, 22 e 23 de xuño. Serán no atrio da igrexa, onde se instalará unha carpa.
Este sábado, 15 de xuño, ás 19:00 horas terá lugar o XLVI Festival Folclórico Infantil da Agrupación O Feitizo, no que actuará tamén o grupo de O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. Despois haberá pregón a cargo de Pilar Arias Villajos e a continuación churrascada popular e verbena amenizada polo dúo Os Trasnos.
O venres 21 desde as 22:30 horas haberá verbena a cargo do grupo Montreal.
O sábado 22 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois procesión e sesión vermú co grupo Mar da Arousa, que tamén amenizará a verbena xunto coa orquestra Los Satélites.
E o domingo 23 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz e despois procesión e sesión vermú coa...
leer másO Concello de Burela organiza un ano máis o programa “Burela de Ruta”, con numerosas actividades que inclúen visitas guiadas e xeorutas ó longo dos meses de verán para coñecer os atractivos patrimoniais e xeolóxicos da vila.
Haberá tres xeorutas distintas, A Marosa, O Perdouro e O Cantiño, e entre os meses de xullo, agosto e setembro organizaranse un total de vinte rutas guiadas, todas con saída dende a Oficina de Turismo, con prazas limitadas e reserva necesaria con sete días de antelación.
A ruta da Marosa e a do Cantiño, de 7,8 e 6,4 quilómetros, son de dificultade baixa, mentres que a do Perdouro, que percorre o conxunto de dobramentos mellor conservado de Galicia, é de dificultade media, cun percorrido de 3,2 quilómetros.
Na propia vila tamén haberá a posibilidade de disfrutar de...
leer másA parroquia do Cadramón, no Valadouro, celebrará a súa festa na honra de Santa Filomena este sábado, día 15 de xuño.
As actividades empezarán ás 12:30 horas con misa solemne na capela, seguida de procesión e sesión vermú co dúo Estrellas. Despois haberá un xantar popular e como sobremesa, ás 18:30 horas, concerto de música tradicional co grupo Fol do Raxal, actuación subvencionada dentro do programa Tradigalu 2024, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. E a partir das 20:00 horas será a verbena de tarde/noite cos dúos Estrellas e D' Cache.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
A organización corre a cargo da asociación de veciños Santa Filomena, do Cadramón.
O coñecido humorista Roberto Vilar clausurará a súa xira Celebreixon, coa que conmemora os seus 30 anos de traxectoria profesional, en San Cristovo, lugar do municipio de Xove onde naceu e medrou o onde viven os seus pais. Será este venres, 14 de xuño, ás 22:30 horas con entrada libre e aparcamento.
Será un evento no que recreará unha festa popular, con escenario e cantina, e no que Roberto Vilar contará coa participación de José Baño, coñecido polas súas intervencións no programa televisivo Land Rober, e do artista Tonhito de Poi.
A parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol, celebrará a festa na honra a San Antonio esta fin de semana: o venres 14 e o sábado 15 de xuño.
As actividades empezarán este venres ás 20:00 horas con degustación de pinchos, empanada, callos e chourizos á brasa, coa música dunha discoteca móbil.
E o sábado 15 ás 13:30 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo grupo Lecer, que tamén actuará na verbena xunto ao trío Bahía con José Costas.
Cervo acollerá os días 15 e 16 de xuño, sábado e domingo, a XVII Monográfica Rexional de Galicia de Boxer. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, e polo delegado de Boxer Club España en Galicia, Iván García, acompañado por un dos seus cans de raza boxer, Faragulla de Ibiltaria (de case nove anos de idade que é campioa de España e de Portugal de beleza, entre outros recoñecementos), no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, que será o escenario do evento que a día de hoxe xa conta con máis de trinta exemplares inscritos.
A exposición morfolóxica concentrarase na xornada do domingo, a partir das 10:00 horas, pero xa o sábado, como antesala do evento, está prevista unha sesión gratuíta de iniciación ao traballo deportivo e ás probas de selección española de cría, a partir das 18:00 horas, tamén en Sargadelos,...
leer másO Concello de Viveiro anuncia as datas do Mercado Renacentista, que alcanza a súa décimo sétima edición os próximos días 4, 5, 6 e 7 de xullo e xa é unha cita cultural e turística de referencia en Galicia.
“O Mercado Renacentista é unha data especial para Viveiro, unha festa que pon en valor a nosa historia, o legado dos nosos antepasados, que involucra a toda a veciñanza e que serve tamén para dinamizar o noso comercio e hostalería”, indica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Nos próximos días, o concello publicará o prazo para solicitar as cadeiras e mesas, así como a ocupación do espazo público da comida do sábado 6 de xullo.
O concello sacou a licitación a organización do Mercado Renacentista, que este ano corresponderá a unha nova empresa. O concello só cede os espazos sen ningún...
leer másHoxe arrinca a cuarta edición do Ribadeo Ilustrado, que organiza o Concello. O paseo previsto para o sábado, día 8, suspéndense por mor do mal tempo previsto para esa xornada.
A cita estará dedicada a Antonio Raimundo Ibáñez, fundador da Real Compañía Marítima.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, lembrou que “o programa de actividades dará comezo hoxe cun concerto da Orquestra de Cámara Galega na igrexa parroquial a partires das nove menos cuarto da noite”.
Saiz comentou que “mañá pola tarde ás seis e dez na Casa do Concello terá lugar a presentación do libro As máscaras de Ibáñez, o Marqués de Sargadelos que nunca foi, a cargo de Avelaiña Teatro, que despois representarán a obra do mesmo título ás 20:30 horas no auditorio municipal. E ás sete o ribadense Alberto Paraje, secretario da...
leer másO festival folclórico infantil titulado A Mostra Cativa do Valadouro celebrarase en Ferreira o domingo 16 de xuño. Será ás 18:30 horas na Praza de Santa María.
Este evento está organizado pola Asociación Cultural Amado Lar, que actuará no festival xunto a grupos da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, de Burela, e da Agrupación O Feitizo, de Foz.
“Agardámosvos a todos para disfrutar das actuacións que nos teñen preparadas os máis cativos. Agradecer tamén de antemán a colaboración da Concellería de Cultura do Valadouro”, manifestan os organizadores.