Trabada celebrará a festividade de San Pedro coa tradicional fogueira o venres 28 de xuño na Praza do Concello a partir das 21:00 horas.
Este evento está organizado pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “estaremos na Praza do Concello a partir das 9 da noite e contaremos con comida e con servizo de barra. Amenizaranos o DJ do pobo The Sound Project e para os máis pequechos teremos unha colchoneta totalmente gratis. O longo da noite faremos a tradicional queimada e daremos a proba a todos aqueles que o desexen. Se o tempo non colabora cambiaremos de lugar e iremos para o pavillón municipal de Trabada”.