O barrio dos Muíños, en Mondoñedo, celebra o San Xoán este domingo, 23 de xuño

As asociacións Barrio dos Muíños e O Pasatempo, de Mondoñedo, organizan a festa do San Xoán, que se celebrará nesa zona mindoniense este domingo, 23 de xuño.

As actividades empezarán ás 14 horas cunha sesión vermú, ás 15:00 horas comezará un xantar popular, desde as 17 horas haberá colchonetas e ás 18 horas terá lugar unha “sesión bailoteo”. A música correrá a cargo do solista José Anido.

Ás 21:00 horas farase a Queima do Folión e rematará a festa con máis música.