Empresas
O alumnado que realice o ciclo medio dual de actividades comerciais no IES de Foz o vindeiro curso fará as súas prácticas remuneradas en empresas da Mariña. Entre a ducia de firmas colaboradoras figuran Eroski, Mariña Asesores, Acisa Ribadeo ou CCH Viveiro.
O IES focense será o único centro da provincia de Lugo que impartirá este ciclo dual. Ofértanse 12 prazas. O prazo de inscrición está aberto e remata o 2 de xullo. Xa a partires do día 8 comezará a selección de candidatos e a adxudicación de destinos para a realización das prácticas remuneradas.
A posta en marcha do ciclo medio dual de actividades comerciais no IES de Foz é froito do acordo e da colaboración entre o centro e a Federación de Comercio A Mariña, que contaron coa axuda e o apoio de Álvaro Doural, que é dinamizador dual.
...
leer másO Concello, dentro do programa de transformación dixital Reinicia Ribadeo, abre o prazo para anotarse aos cursos de formación práctica en materia de transformación dixital.
Trátase dunha formación presencial e grupal práctica, que abarcará as seguintes áreas de transformación dixital: visibilidade e posicionamento na rede, comercio electrónico, fidelización de clientes e sistemas de planificación de recursos (ERPS).
A formación terá lugar na aula CEMIT de luns a xoves ao longo durante o mes de xuño. A duración de cada curso será de 2,5 horas.
Desde a Área de Desenvolvemento Local explican que “a convocatoria está aberta ás persoas autónomas e micropemes asentadas en Ribadeo, con independencia da súa actividade e sen ningún custo económico. Aceptaranse solicitudes por orde de chegada...
leer másAcademia A Mariña organiza cursos bonificados para empresas sobre abordaje psicológico frente al covid19.
La directora de Academia A Mariña, Becky Hermida, subraya que “es cada vez más necesario reflexionar sobre el impacto de la crisis sociosanitaria, del confinamiento y de las pérdidas asociadas al covid19 en la realidad social actual”.
Hermida señala que “seguimos ofertando, como curso estrella el de medidas preventivas frente al covid, pero empezamos a detectar la necesidad de una segunda parte, de ir más allá, y de centrarnos en cómo afrontar psicológicamente este virus/pandemia en las empresas entre sus trabajadores y trabajadoras”.
Desde Academia A Mariña Becky Hermida apuesta “por la aplicación de recursos, estrategias y técnicas de higiene/salud mental para evitar la aparición de...
leer másO Concello de Ribadeo creou unha páxina web que ten por obxectivo dar unha maior visibilidade aos negocios locais nun entorno tan influínte e divulgador como é internet. Cun só clic poderase coñecer a ampla oferta de establecementos este concello. Esta é unha iniciativa da Concellaría de Desenvolvemento Local xunto coa Área Tic da Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade.
Segundo explican desde o Concello “trátase dunha guía que mostra diversa información acerca dos negocios ou empresas sitas en Ribadeo. Nela poderase consultar, por categorías ou tipoloxías, información de contacto, enlaces ás redes sociais ou á propia páxina web así como dirección ou horario dos establecementos do Concello. A páxina web inclúe un apartado de Compra online, no que figuran aquelas entidades que dispoñen de servizo para mercar ou contratar os seus...
leer másA empresa Canguro Express acaba de abrir as súas portas en Foz, concretamente nas galerías comerciais Naray, que están na Avenida da Mariña, número 27, e na web www.canguroexpress.es. Trátase dun buscador de emprego para o fogar, que ofrece os servizos de coidado de nenos e maiores, limpeza e tarefas do fogar e coidado de mascotas.
O propietario e xerente desta empresa, Daniel Villarino Pena, di que “Canguro Express é unha axencia de traballo temporal especializada no fogar”.
Daniel Villarino detalla que “ten catro categorías: coidado de nenos, coidado de persoas adultas dependentes, tarefas do fogar e mascotas”.
O responsable de Canguro Express explica que “basicamente o que facemos é enlazar xente que quere traballar nese sector con aqueles...
leer más