Cangas de Foz celebrará as festas do Carme e San Pedro os días 29 e 30 de xuño, sábado e domingo.
As actividades empezarán este sábado ás 12:30 horas con misa solemne na honra da Virxe do Carme, cantada polo coro Os Castros, de Cangas, e procesión. Despois haberá sesión vemú co grupo Platinum e a partir das 21:00 horas, sardiñada. A verbena comezará ás 22:30 horas e será amenizada polo grupo Platinum, a orquestra Fania Blanco Show e macro disco co DJ Litainer.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne na honra de San Pedro, cantada polo grupo Mar Aberto, de Foz, e procesión. Despois haberá sesión vermú a cargo da orquestra D´Noche, que tamén actuará na verbena, a partir das 21:00 horas, xunto á orquestra Los Players.