Lugo
A Deputación de Lugo abriu hoxe, xoves 23 de xaneiro ás 12, o prazo de presentación das solicitudes para participar na quinta edición do programa de viaxes gratuítas para entidades sen ánimo de lucro Coñece a túa provincia. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este mércores as bases da convocatoria desta tempada 2025, durante a que a institución provincial ofrecerá máis de 3.000 prazas.
Os colectivos terán ata o vindeiro 5 de febreiro para presentar a súa documentación no Rexistro Xeral da Deputación ou a través da sede electrónica, accesible na ligazón https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede. As solicitudes presentadas serán admitidas por orde de presentación, segundo o número de rexistro de entrada ata esgotar as prazas dispoñibles. A relación de...
leer másA Deputación de Lugo presentará a nova campaña de turismo da institución provincial Provincia de Lugo. Mergúllate na maxia das súas augas o vindeiro venres, 24 de xaneiro, ás 12.00 horas no expositor de Turismo de Galicia, na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebrará en Madrid a semana que vén. Unha campaña que representa a aposta da Deputación polo turismo azul e que se enmarca no seu modelo de promoción do territorio sostible, de calidade e de experiencias.
O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, será o encargado de dar a coñecer as novidades desta iniciativa baseada nos camiños que a auga propón en Lugo. Desde as rutas fluviais en catamarán polos canóns do Sil –nas que impulsa a Deputación participaron 61.500 persoas o ano pasado-,os infinitos regatos e cascadas que regan o territorio, as zonas húmidas –...
leer másA Deputación de Lugo vén de aprobar a convocatoria para a quinta edición do programa Coñece a túa Provincia, que neste 2025 ofrecerá un total de 3.036 novas prazas de viaxes gratuítas. Esta iniciativa vai dirixida a entidades asociativas sen ánimo de lucro de calquera dos 67 concellos da provincia de Lugo, co fin de promover o turismo de proximidade e impulsar a dinamización económica local.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, anunciou que a Xunta de Goberno aprobou este venres a nova edición do programa e destacou que, desde a súa creación no 2021, “xerou un importante retorno económico superior aos 600.000 euros”. Este dato, afirmou, "evidencia o éxito da iniciativa, tanto na promoción do turismo local como no impulso á economía da provincia".
O prazo para presentar as solicitudes...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este martes en San Marcos á asociación veciñal Barrio de Cobas, de Monforte de Lemos, no marco do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia. Esta iniciativa da institución provincial ofrecerá rutas durante esta semana a máis de 180 veciños e veciñas de Monforte de Lemos, Foz, Pantón, Viveiro, Burela, Riotorto e Sober.
Tomé Roca deu a benvida aos monfortinos e monfortinas no Salón de Actos da sede da Deputación e explicou o impacto positivo que ten o Coñece a túa provincia no territorio: “Un programa que ideamos durante a pandemia para axudar aos sectores máis desfavorecidos, dinamizar a economía e dar a coñecer o patrimonio da provincia e que mantemos grazas a súa boa acollida”. O mandatario provincial compartiu un tempo con eles, explicando a historia do edificio e...
leer másO Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión a Lugo para o día 6 de outubro, coincidindo co popular Domingo das Mozas, xornada destacada nas festas do San Froilán.
A saída será ás 10:00 da mañá da Estación de Autobuses de Viveiro. Os prezos son 40 euros para soci@s do Seminario de Estudos Terra de Viveiro e 36 euros para as persoas que non pertencen a este colectivo. Os tickets retíranse en Seguros Mapfre Akilino.
A Xunta de Galicia ten en marcha ata o 15 de decembro a 18ª edición do programa Outono Gastronómico de Turismo Rural, a iniciativa coa que cada ano promove as viaxes fóra da tempada alta combinando o turismo rural e a gastronomía co fin de desestacionalizar e dar pulo ao sector. Nesta campaña participan 23 establecementos da provincia de Lugo.
O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe un dos aloxamentos adheridos, Casona de Labrada, no concello da Pontenova, para dar a coñecer os detalles deste programa, ao que se adheriron un total de 77 negocios de toda Galicia.
Os consumidores poden escoller entre diferentes modalidades que inclúen menús deseñados especialmente para esta campaña, así como estadías dunha noite ou dunha fin de semana. A maiores, algúns establecementos ofrecen actividades complementarias...
leer másA Deputación de Lugo levará esta semana de viaxe a máis de 180 persoas de seis colectivos da provincia co Coñece a túa provincia, oprograma de rutas gratuítas que impulsa a institución provincial para favorecer o turismo de proximidade e dinamizar a economía local. Os participantes de entidades sen ánimo de lucro dos concellos de Lugo, Burela, Begonte, Foz, Mondoñedo e Láncara viaxarán, desde este martes e ata o venres,polo territorio lucense grazas a estas viaxes organizadas para colectivos sen ánimo de lucro da provincia.
Este martes, as asociacións Mulleres Rurais de Alfinete e Lugo en pé…na defensa do rural, ambas da capital lucense, abren a semana con destinos á Mariña e a Ribeira Sacra. No caso de Mulleres Rurais, partiron desde o Centro de Interpretación Terras do Miño con destino a Barreiros e Ribadeo, mentres que os membros de...
leer másA Deputación de Lugo vén de arrancareste martes a segunda quenda de viaxes da cuarta edición do programa Coñece a túa provincia.Faranse excursións gratuítas dun día os martes, mércores, xoves e venres, nas que participarán preto de 1.600persoas de 69 entidades da provincia ata o 31 de outubro.
As primeiras entidades en desfrutar desta nova quenda de viaxes son aasociación de veciños Alexandre Bóveda Paradai, de Lugo, e a asociación veciñal Penas de San Xoán de Alaxe, do Valadouro. Os da capital visitaron o Mazo de Santa Comba e achegáronse a Sober e Monforte de Lemos, mentres que o colectivo mariñán coñeceu o traballo que se leva a cabo na Granxa Gayoso Castro, e o concello de Negueira de Muñiz.
O Coñece a túa provincia vai xa pola súa cuarta edición, dividida en dúas quendas. A primeira desenvolveuse durante a...
leer másA Deputación de Lugo arrancou este mércores a cuarta edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia,do que se beneficiarán preto de 2.000 persoas de 80 asociacións e colectivos lucenses. Nesta cuarta tempada os usuarios e usuarias viaxarán en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en verán, dende hoxe e ata o 19 de xullo, e en outono, de setembro a outubro.
Entre esta semana e o de xullo viaxarán máis de 250 persoas de 11 colectivos da provincia, que percorrerán o patrimonio natural, histórico, gastronómico e cultural de 9 concellos lucenses. A primeira entidade beneficiaria, a asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, visita no día de hoxe o Museo do Ferrocarril, o conxunto monumental de San Vicente do Pino, e o Centro do Viño da Ribeira Sacra.A ruta partiu do Mazo de Santa Comba...
leer másA agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha excursión a Lugo para o día 2 de xuño, domingo. A saída será ás 09:00 horas desde a estación de autobuses ribadense.
“Dentro da conmemoración das Letras Galegas, mais xa centrado no campo da memoria e da lingua, organizamos unha excursión á cidade de Lugo para o próximo día 2 de xuño, na que visitaremos o cemiterio de San Froilán, dentro do Programa de Cemiterios Europeos, o casco histórico e o centro cultural Vello Cárcere”, explica a organización.