Rinlo
A falta de 20 días para a súa celebración xa hai máis de 270 inscritos para participar na VI Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explica que “este evento deportivo terá lugar o 17 de agosto. A categoría de cativos desenvolverase ás 20 horas no parque de San Francisco, os infantís e cadetes sairán ás 21:30 horas desde o faro, e a carreira absoluta partirá ás 21:45 horas desde Rinlo. Nestes momentos hai máis de 270 inscritos e agardamos incrementar esa cifra ao longo dos vindeiros días”.
O edil ribadense subliña que “esta carreira é de grande importancia tanto a nivel deportivo como turístico, xa que discorre grande parte polo litoral ribadense. Os participantes poderán gozar dunhas vistas envexables”.
A VI Carreira Nocturna está organizada...
leer másA Festa do Percebe de Rinlo, que terá lugar o 3 de agosto, contará por segundo ano cun servizo de transporte gratuíto desde Ribadeo. Sairá desde a estación de autobuses ribadense entre as 11 e as 15 horas e fará viaxes de volta desde Rinlo entre as oito da tarde e as doce da noite.
O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe presentamos a festa do percebe, un ano máis Rinlo vai acoller a gran celebración do percebe, da degustación, da festa e de enxalzar un produto de proximidade, un produto do que detrás hai un sacrificio, hai unha entrega de moitas percebeiras e percebeiros que se dedican e apostan por este medio de vida, pero tamén, sendo conscientes todos, que hai un sacrificio, hai un esforzo e hai unha entrega”.
O rexedor manifestou: “estamos moi satisfeitos dende o Concello porque o relevo xeracional existe,...
leer másA parroquia ribadense de Rinlo celebrará as festas na honra a San Pedro este venres, 28 de xuño, e o sábado 29.
As actividades empezarán o venres ás 21:00 horas cunha cea popular e a continuación haberá verbena coa orquestra Salsarena.
E o sábado celebrarase misa solemne ás 12:30 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, coa orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto co dúo Epo-K.
Guía tu Día organiza unhas visitas especiais que terán lugar o 17 e o 19 de maio.
A primeira delas e coincidindo co venres festivo, será en Mondoñedo o 17. Consistirá nun roteiro guiado polas rúas desta antiga capital de provincia ateigadas de historia, tradicións, lendas e persoeiros ilustres, como Álvaro Cunqueiro ou Leiras Pulpeiro.
O domingo 19 será polo pobo mariñeiro de Rinlo, en Ribadeo. Un paseo guiado polo litoral destacando o bo aproveitamento das bondades da súa costa a través das emblemáticas cetarias.
Ambas rutas darán comezo ás 11 da mañá e terán unha duración de entre 2 e 3 horas. Están pensadas para tódolos públicos, incluíndo as mascotas.
Para máis información e reservas as persoas interesadas poden contactar no 654 99 68 57 ou a través das...
leer másO 29 de marzo terá lugar en Rinlo a primeira degustación de mexillón, que organiza a asociación de veciños O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo. Será na praza de San Pedro a partir das 12:30 horas. Haberá carpa, música, bar e 300 quilos de mexillóns para degustar.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “Rinlo prepárase para celebrar a primeira degustación do mexillón, unha nova festa que queremos potenciar dende o Concello. E agradecémoslle á asociación de veciños O Cantal todo o seu traballo, a súa proposta e a ilusión que está trasladando para impulsar iniciativas en beneficio de Rinlo e de todos”.
Para o rexedor “apostar por degustacións de produtos do mar é algo moi importante. Estamos apoiando a todo un sector e tamén impulsando e publicitando os produtos do mar. Polo tanto hai que agradecerlles o...
leer másA parroquia ribadense de Rinlo celebrará unha festa gastronómica dedicada ao mexillón o 29 de marzo, día de Venres Santo.
O evento, organizado pola asociación de veciños O Cantal na praza de San Pedro, empezará ás 12:30 horas e contará coas actuacións do DJ Alejandro Martínez e do cuarteto tradicional Illa Pancha.
A asociación de veciños O Cantal anuncia: “o reloxo Canseco está en conta regresiva para a gran festa gastronómica de exaltación do mexillón que imos a celebrar no noso fermoso pobo mariñeiro de Rinlo o día 29 de marzo (Venres Santo) a partir das 12:30 horas na nosa praza de San Pedro”.
A Escola Vella de Rinlo (Ribadeo) acollerá un obradoiro sobre a historia do tango este domingo, 21 de xaneiro, a partir das 18:00 horas. Correrá a cargo do bandoneonista Damián Foretic e está organizado pola asociación cultural A Tribu da Travesía coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Os promotores desta actividade explican que “este obradoiro ofrece unha presentación das pauta básicas para escoitar, comprender e disfrutar o tango arxentino. Dirixido a músicos, estudantes de música, persoas afeccionadas e calquera que teña interese neste xénero. Durante este obradoiro, mediante audio exemplos, iremos destilando e diferenciando a sonoridade de cada orquestra e tamén os aspectos formais que compartían, para así lograr unha idea máis acabada dos compoñentes que conforman un tango tradicional. Durante todo o seu desenvolvemento, o tango...
leer másA Festa do Percebe, que se celebra este sábado en Rinlo, contará con servizo de transporte público e gratuíto. O Percebús sairá da estación de autobuses de Ribadeo desde as 11 da mañá. Esta é a principal novidade desta edición, segundo deron a coñecer o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz. Pero hai máis, xa que as actividades dan comezo xa o venres.
O rexedor declarou: “xa chegou a Festa do Percebe, algo que estábamos esperando todos os ribadenses e todos os visitantes. Acuiar a Rinlo sempre é unha marabilla, esa vila mariñeira por excelencia e tamén turística que dende o Concello de Ribadeo queremos mellorar e seguir impulsando para atraer a máis visitantes ao noso Rinlo, ao noso de Ribadeo. Dende logo, entre todos seguro que imos poder”.
Dani Vega tivo palabras de agradecemento: “en...
leer másA V Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que terá lugar o 19 de agosto, foi presentada esta mañá no salón de plenos do Concello.
Na quenda de intervencións o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, declarou: “quero aproveitar para darlle a benvida a todos eses deportistas deses clubs que nos van acompañar. Moitas grazas a todos os patrocinadores e colaboradores, en especial ao Concello de Ribadeo, e, por suposto, ao organizador, o Club Atletismo Ribadeo, que xa é todo un referente non só no ámbito provincial senón tamén no autonómico, tanto no apartado deportivo como no de organización. É rara a semana que non lles mande uns parabéns, o que é bo sinal”.
Otero animou aos asistentes a gozar da riqueza cultural e gastronómica de Ribadeo: “a todos os que nos acompañen a disfrutar do atletismo e da carreira e a...
leer másA Coral Polifónica de Ribadeo actuará o 20 de novembro na igrexa parroquial de San Pedro de Rinlo. Será ás 12:00 do mediodía para celebrar o día de Santa Cecilia.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »