Orgullo
O Concello de Foz promove “lecturas con orgullo” e mostra orgulloso as cores da bandeira LGTBI, que os edificios municipais mostran en balcóns e ventás.
A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, destaca que “o 28 de xuño é un día no que sentirnos orgullosos, no que debemos defender a igualdade para calquera, do xeito que se sinta, sexa ou queira ser.” Anuncia tamén que nos vindeiros meses se programarán diferentes actividades desde a área xa que “non só este día é o do orgullo senón que debemos sentirnos orgullosos sempre. E para iso o máis importante é educar nuns valores nos que prevalezan, por enriba de todo, a igualdade e o respecto”.
Dende a delegación de Cultura, no departamento de biblioteca, programouse unha mostra bibliográfica na que se expoñen libros para infantil e adulto sobre temática...
leer másO colectivo Pensamento e Sementeira organiza a exposición “Tomorrow Night Stonewall. Unha ollada á primeira manifestación do Orgullo en Galicia”, en conmemoración do Día do Orgullo. A mostra pode visitarse na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro desde este venres, 28 de xuño, ata o 12 de xullo (de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas).
A mostra está composta por trece paneis expositivos que dan conta dos precedentes, recortes de prensa, testemuños gráficos e outras fontes de información arredor da primeira manifestación do Orgullo que tivo lugar en Galicia, en Vigo no ano 1981.
Este ano o Concello de Ribadeo conmemorará o 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, con dúas iniciativas destacadas que buscan sensibilizar á poboación e celebrar a diversidade.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “para sensibilizar e promover unha mensaxe de inclusión, o Concello preparou uns soportes que se distribuirán a todos os establecementos de Ribadeo. Estes soportes levarán unha mensaxe clara: A diversidade enriquécenos sen importar quen sexas e a quen ames. Nesta mensaxe estará o teléfono do servizo Arco da Vella, identificado co número 028, que loita contra a violencia e a LGTBIfobia. En letras grandes e visibles, mostrarase o lema Ribadeo Orgullosa”.
A edil ribadense conta que “ademais ás 21:00 horas no Parque San Francisco, presentarase Feitas ao Sisel: Espectáculo...
leer másA Fundación Expomar organiza a celebración do chamado “Día do Orgullo Mariñeiro”, que terá lugar en Burela e en toda a Mariña Lucense este venres 15 de decembro, combinando a divulgación nas escolas, a exaltación da cultura mariñeira e a gastronomía do mar.
A primeira parte da xornada denomínase “Orgullo Mariñeiro nas Escolas” e terá lugar nos comedores escolares de 8 colexios públicos da Mariña Lucense, onde máis de 700 nenos comerán ese día “Merluza de Burela” nos seus menús. Os centros educativos que recibirán pescada da lonxa de Burela nos seus comedores serán o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e CEIP Plurilingüe Vista Alegre de Burela; o CEIP Plurilingüe de Foz Número 1; o CEIP Península da Paz de San Cibrao; a Escola de Educación Infantil San Roque, o CEIP Lois Tobío e o IES María Sarmiento de Viveiro; e o CEIP Antía Cal Vázquez de...
leer másA Fundación Expomar organiza a celebración do chamado “Día do Orgullo Mariñeiro”, que terá lugar en Burela e en toda a Mariña Lucense o vindeiro 15 de decembro.
No acto de presentación do "Día do Orgullo Mariñeiro", que tivo lugar este martes no Hotel Nordés de Burela, participaron a alcadesa de Burela e presidenta da Fundación Expomar, Carmela López, e o xerente, José M. González ‘Brais’, xunto coa delegada territorial de Pesca da Xunta de Galicia, Mariña Gueimunde, e o concelleiro de mar e turismo de Burela, Ramiro Fernández.
Tamén estiveron presentes representantes do comité organizador Expomar e do padroado da fundación, os directores dos colexios públicos de Burela, as responsables das empresas de cáterin que se van encargar do reparto da comida nos colexios, Eurest e Twitty, e outros representantes...
leer másA Área de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza o vindeiro domingo, 25 de xuño, o concerto de Catuxa Salom para celebrar o Día do Orgullo LGTBIQA+.
A edil Begoña Sanjurjo anunciou que “o evento terá lugar o vindeiro 25 de xuño ás 13:30 horas, no Quiosco do Campo de San Francisco, e ofrecerá unha sesión vermú única para todos os asistentes”. Catuxa Salom é unha artista de gran recoñecemento na escena musical, cuxa proposta se centra na fusión de diversos xéneros e estilos, creando unha experiencia musical que atrapa e emociona ao seu público.
A celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI é unha oportunidade para lembrar a loita histórica da comunidade LGTBI pola igualdade de dereitos e polo respecto á diversidade sexual e de xénero. Neste sentido, o Concello de Ribadeo súmase á celebración desta data tan...
leer másA Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade organiza, en colaboración co colectivo As Vacas Fracas, unha serie de actividades de carácter lúdico para conmemorar e reivindicar o próximo 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ (Lésbico, gai, trans, intersexual, queer).
Cada ano conmemórase este día en recordo aos disturbios de Stonewall, Nova York, en 1969, cando a policía cargou con extrema violencia contra varios establecementos frecuentados por persoas LGTB. Desde entón, houbo un punto de inflexión, a comunidade LGTB comezou a loitar polos seus dereitos e creou campañas que conseguiron converterse en símbolos internacionais pola defensa da liberdade e a promoción da igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Desde a Concellaría de Igualdade sinalan que “a diversidade sexual e de xénero...
leer más