Bacoi, en Alfoz, celebra as festas de Nosa Señora os días 14 e 15 de agosto

A parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra a Nosa Señora os días 14 e 15 de agosto, mércores e xoves.

As actividades empezarán o mércores ás 21:30 horas con churrascada e chourizada, ademais da actuación do dúo Belinda.

E o xoves celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e despois haberá procesión seguida de sesión vermú, co grupo Pasión, que tamén actuará na verbena, desde as 21:00 horas.

As festas están organizadas pola Asociación de Veciños de Bacoi.