Bicis
Cervo será o escenario da II mini btt medela mtb o domingo 29 de setembro a partir das 10:00 horas.
Este evento federado desenvolverase nun circuíto que foi deseñado e trazado nunha parcela municipal do Polígono de Cuíña que lle foi cedida ao club Medela MTB para o desenvolvemento da súa actividade.
A cita deportiva, organizada por este club de ciclismo coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés e polo presidente de Medela MTB, David Riera, que estiveron acompañados por un grupo de rapaces que integran o club nas súa categoría base, e que tamén competirán na cita prevista para finais deste mes.
Os participantes xa se poden inscribir ata o 26 de setembro na web da Federación Galega de Ciclismo nas categorías Promesa Fem., Promesa B, Promesa...
leer másTras dous anos de parón pola pandemia, o 26 de agosto Lourenzá acollerá o XXIII Día da Bici, organizado polas Escolas Deportivas e o Concello laurentino.
A tradicional celebración contará co paseo de 12 quilómetros á Cazolga e a carreira da tartaruga no Cantón. Ao rematar esta última, haberá máis probas e competicións, así como trofeos e agasallos sorpresa.
Comezará as 19:00 horas coa saída ata A Cazolga dende a Praza Conde Santo. É obrigatorio o uso do casco. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ese mesmo día na praza a partir das cinco da tarde.
O Concello de Burela poñerá a disposición da cidadanía do 5 ao 7 de decembro dun servizo de bicicletas eléctricas, totalmente gratuíto, para que as poidan desfrutar durante esta ponte festiva. Estarán na praza do Concello de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de catro a seis da tarde.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explicou que “desde a Delegación de Deportes do Concello de Burela queremos anunciar que este fin de semana, o sábado 5, domingo 6 e luns 7, aproveitando estes días festivos que temos, imos poñer a disposición de todos os veciños e veciñas de Burela, que así o queiran, unhas bicicletas eléctricas que van estar situadas na praza do Concello e que van poder collelas para facer un pouco de deporte toda aquela xente que o precise e coa axuda dese motor eléctrico, para quen se lle faga un pouco dificultoso”.
... leer másA Concellería de Medio Ambiente organiza rutas en bicicleta eléctrica. Serán o 22 de setembro e haberá 4 grupos de 10 persoas cada un. A inscrición está aberta. A actividade enmárcase na programación da Semana da Mobilidade 2018.
A edil Noelia Mª Ben explica que “con motivo da celebración da Semana da Mobilidade 2018 a Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela oferta unhas rutas en bicicleta eléctrica. Terán lugar o 22 de setembro, que é sábado, dende as 10:00 ata as 14:00 horas. Faranse 4 grupos de 10 persoas cada un e irán acompañados por un monitor que marcará o percorrido polo noso pobo”.
A concelleira de Medio Ambiente sinala que “a idade mínima para poder participar é de 12 anos, se ben é certo que os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto. A duración de cada ruta será de 50 minutos...
leer másA piscina municipal de Ribadeo renovou as 15 bicis de ciclo para spinning que hai na sala do centro deportivo BeOne, que ademais acaba de poñer en marcha unha nova actividade, chamada Bodyattack.
O director do centro deportivo, Javier Canel, explicou que “as novas bicis para a práctica do spinning son da marca Precor, que é das mellores que hai no mercado para este tipo de equipamentos” e comentou que “tres das bicis que foron substituídas, as que se atopaban en mellor estado de conservación, foron doadas ao Club de Remo de Ribadeo”. Ademais en breve os usuarios de BeOne Ribadeo contarán cunha máquina nova para a sala de ximnasio que substituirá á multipower que hai actualmente para facer sentadillas.
BeOne Ribadeo tamén acaba de poñer en marcha unha nova actividade, chamada Bodyattack, que “é moi esixente, poden...
leer másMañá, 29 de outubro, vaise celebrar a I Marcha de BTT en Xove, organizada polo Club Ciclista Komando Xoviético de Xove.
Dita marcha é a primeira gran ruta que fai dito clube, de reciente creación, e conta co patrocinio do Concello de Xove e varios locais comerciais da zona.
Agora mesmo conta cunha participación de uns 150 ciclistas inscritos, os cales farán unha ruta por varias parroquias do Concello de Xove.
Ás 9:30 horas, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, dará a saída a tódolos participantes na Praza do Concello, que farán un percorrido duns 33 Kms, chegando outra vez á Praza do Concello sobre as 14:00 horas.
Unha vez rematada a proba, disfrutarán todos os participantes dunha comida no Pavillón de Deportes de Xove.
A organización...
leer másO Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, xunto ao Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, presentaron este mércores a 1ª Marcha Cicloturista deste municipio, que terá lugar este domingo, 10 de setembro. Trátase dunha pioneira cita neste Concello, que agarda consolidarse no calendario da Federación Galega de Ciclismo, ao tempo que promove os recursos naturais e turísticos deste enclave da Mariña.
Consiste nun percorrido en bicicleta de 79 quilómetros entre as montañas que rodean o Val de Lourenzá. Poden participar todos os interesados a partires dos 15 anos de idade, pois tamén hai unha proba cronometrada no treito final, que é de case 4 quilómetros, con premios para os mellores de cada categoría (júnior, sénior, máster...).
Ata o momento, hai preto de...
leer más