O Vicedo acolle este mércores, día 14 de agosto, unha subida polo río Sor en kaiaks e un concurso de figuras de area na praia de Xilloi.
A subida polo río Sor en kaiaks partirá ás 10 horas desde o peirao do Vicedo e terá unha duración aproximada de 2 horas. O prezo da inscrición é de 17 euros por persoa.
E ese mesmo día, o mércores 14, pola tarde na praia de Xilloi terá lugar o tradicional concurso de figuras de area para todas as idades. Será ás 16:30 horas e haberá premios para os dous primeiros grupos clasificados de cada categoría, que son de 3 a 5 anos, de 6 a 11, de 12 a 16 e desde 17 anos.