Parchís
O Concello de Burela organiza o que será o seu I Torneo Social de parchís por parellas. Celebrarase o día 31 de agosto na praza do Concello a partir das 10:00.
A partir de mañá, venres 9 de agosto, as persoas interesadas poderanse inscribir na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00, e oprazo rematará odía 14 de agosto.
Como máximo poderán participar un total de 16 parellas, que serán seleccionadas por orde de inscrición. As dúas parellas finalistas gañarán un trofeo doado pola asociación Saúde Mental A Mariña.
"O noso obxectivo principal é fomentar a convivencia e o entretemento entre veciñas e veciños, así como promocionar os xogos tradicionais como o parchís", sinala a concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Sandra Fernández.
Pola súa banda, a...
leer másA Casa do Mar é o escenario das partidas que se organizan durante as tardes ata principios de mes de marzo cando se decidirán as parellas gañadoras
A edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, mantivo un encontro de coordinación este mediodía coas participantes
O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, programa unha nova edición do campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Este mediodía Armada, mantivo un encontro coas participantes inscritas -13 parellas de parchís e 7 de tute-, para coordinar as partidas que se empezarán a xogar desde este mesmo luns, na cafetería da Casa do Mar.
As gañadoras do primeiro, segundo e terceiro posto de cada modalidade recibirán un trofeo de cerámica de Sargadelos no xantar con motivo do Día da Muller...
O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, conta cunha gran participación no xa tradicional campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
As partidas, que deron comezo o pasado luns 23 de xaneiro, prolongaranse ata o próximo mes de marzo e contan con ao redor de 40 mulleres do municipio, divididas en 11 parellas de tute e 8 parellas de parchís.
As gañadoras do primeiro, segundo e terceiro posto de cada categoría recibirán un trofeo de cerámica de Sargadelos o sábado 11 de marzo na cea do Día da Muller, que dará por finalizada a competición.
Dende o Concello de Cervo e, especialmente, a edil responsable da delegación de Muller, Pilar Armada “agradecen a participación de todas as mulleres que forman parte do...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o venres, 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o 3 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongarase durante todo ese mes.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, con data aínda por determinar.
O Concello de Cervo ten aberta a inscrición para anotarse ao campionato de tute e parchís, que convoca cada ano desde a delegación de Servizos Sociais, que dirixe Pilar Armada.
Os veciños e veciñas interesadas en participar poden anotarse ata o vindeiro venres, 23 de marzo, na Casa da Cultura (982.59.51.57); e o día 27 dará comezo o campionato que se xogará na Casa do Mar de San Ciprián.
Os premios entregaranse o Día do Xubilado, o 1 de maio, como cada ano.
A Casa do Mar de San Ciprián está a acoller estes días o campionato de tute e parchís, que organiza o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebrará o 10 de marzo.
Están xogando, en horario de mañá e tarde, 20 parellas, 10 ao parchís e 10 ao tute.
A edil delegada de Muller, Pilar Armada, sinalou que “as gañadoras recibirán os correspondentes trofeos na Cea do Día da Muller, que terá lugar no Restaurante Buenavista, o sábado 10 de marzo, ás 22:00 horas; alí entregaremos unha figura de Sargadelos a cada unha das integrantes, das tres mellores parellas de cada disciplina”.
Armada destacou que hai motísima afección por parte das mulleres de Cervo tanto polo tute como parchís e boa mostra diso son os anos que...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o vindeiro mércores, 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o 5 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongararse durante todo ese mes.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, o 10 de marzo.
As diferentes Asociacións de Mulleres de San Ciprián reuniranse en datas próximas para definir o programa completo para...
leer másA Casa do Mar de San Ciprián está a acoller estes días o campionato de tute e parchís, que organiza o Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebrará o 11 de marzo.
Están xogando, en horario de mañá e tarde, 18 parellas, 10 ao parchís e 8 ao tute.
A edil delegada de Igualdade, Pilar Armada, sinalou que “as gañadoras recibirán os correspondentes trofeos na Cea do Día da Muller, que terá lugar no Restaurante Boa Vista, o sábado 11 de marzo. Alí entregaremos unha figura de Sargadelos a cada unha das integrantes, das tres mellores parellas de cada disciplina”
Armada recordou que “o prazo para anotarse a esta cea está aberto ata o vindeiro día 7 de marzo e haberá agasallos sorpresa para as asistentas”.
... leer más