Cómico

Etiquetas:
16/01/2017
Leo Bassi actuará o 4 de febreiro no auditorio municipal de Ribadeo. As entradas xa están á venda.
 
A Concellería de Cultura ven de presentar a a axenda de actividades para este primeiro trimestre do ano na que destacan a celebración de charlas con escritores en centros de ensino, o ciclo de cine Proxecto-R, concertos de música, os actos do Entroido e a actuación de Leo Bassi o vindeiro 4 de febreiro.
 
O edil Farruco Graña anunciou que “temos no plano literario algúns actos discretos, pero ben importantes para nós, porque seguimos insistindo en achegar o mundo das letras aos centro de ensino. Mañá mesmo María Solar estará no IES de Ribadeo para falar da súa obra As horas roubadas. Máis adiante tamén nos visitará María Reimóndez nun acto ao que asistirán os dous centros educativos, tanto o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo como o Sagrado Corazón”.
 
... leer más