Eventos

25/09/2024

A asociación As San Lucas anunciou: “o pregoeiro seleccionado por esta comisión organizadora e que aceptou gustosamente honrarnos coa súa presenza o vindeiro 16 de outubro de 2024 para a celebración da 868 edición das Feiras e Festas de As San Lucas é Don Jesús Díaz Fernández (mestre, diplomado en gastronomia internacional, dietética e nutrición. Foi maître de cuisine no Palace Hotel GSTAAD). Levou a cociña de Cunqueiro ás entrañas helvéticas, demostrando o bo saber e facer da gastronomía do noso país. É un dos fundadores do Centro Galego na capital Suiza de Berna”.

“Agardámosvos para compartir a marabillosa noite do 16 de outubro co que darán comezo as Feiras e Festas de As San Lucas 2024”, rematan os organizadores dos festexos de Mondoñedo.

 

25/09/2024

Villaemil, na Pontenova, celebrará as festas na honra de San Miguel do venres 27 ao domingo 29 de setembro.

As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas con degustación de polbo e xamón cocido. E haberá verbena amenizada polos dúos Zafiro e Tropical.

O sábado 28 ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e seguidamente sesión vermú amenizada polo grupo Lecer e Javi Show, que tamén actuarán na verbena.

E o domingo haberá sesión vermú prolongada coa actuación de Javi Show.

Etiquetas:
24/09/2024

A quinta Ruta Cabalar de Viveiro celebrarase este sábado, 28 de setembro, organizada pola Asociación de Cabaleiros do Landro coa colaboración do Concello de Viveiro.

“Máis de cen cabalos participarán nesta bonita iniciativa, saíndo do pavillón e pasando pola ponte e a avenida de Cervantes o sábado pola mañá”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A xornada, que comezará ás 09:30 horas, inclúe un paseo turístico polos montes de San Roque e unha comida na carpa instalada no pavillón municipal de deportes, amenizada coa música da Disco Móbil Conxuro.

24/09/2024

Máis de 180 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa da Deputación Coñece a túa provincia. Esta semana é a quenda da veciñanza de Lugo, Castro de Rei, Riotorto, Portomarín, Láncara e Alfoz, que coñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.

Este martes as asociacións da capital lucense, Alume Saúde Mental e a de Amas de Casa y de Consumidores, viaxarán ata á comarca da Mariña Lucense. Os primeiros emprenderon desde a Granxa Gayoso Castro a súa viaxe para percorrer a pé un tramo do paseo marítimo de Barreiros, visitar a praia das Catedrais e logo desprazarse a Rinlo. Pola súa contra, o colectivo de Amas de Casa visitou o casco antigo de Mondoñedo e o cemiterio vello na localidade. 

Mañá mércores será a quenda da...

leer más
Etiquetas:
23/09/2024

O próximo 5 de outubro arrinca a quinta edición do programa de rutas e visitas guiadas en torno á cultura e natureza dos 16 concellos da Mariña Lucense. Baixo o nome A Mariña. Plans con corazón. 16 rutas e visitas guiadas por 16 concellos, trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística na temporada de outono.

Esta iniciativa ven ser a continuación de A Mariña en Ruta, que agora se renova, introducindo novidades e adaptando a súa identidade á nova imaxe de marca turística da Mariña. Foron programadas un total de 16 rutas e visitas guiadas, que se realizan nos 16 concellos que conforman o xeodestino da Mariña, a partir das propostas realizadas polos guías oficiais de turismo Ana Pena, Boris Vilar, Carmen Delia e Noela Feal, coa...

leer más
23/09/2024

A asociación xuvenil Xoldra organiza unha cea popular para este sábado, 28 de setembro, baixo o nome As Vésperas, na Praza do Concello de Mondoñedo, a partir das 20:00 horas.

Xoldra explica que “o menú consistirá nunha saborosa e abundante ración de arroz con costela, cun prezo de 10 euros para maiores e 5 euros para pícaras e pícaros. A cea estará acompañada de música en directo e teatro na rúa, coa actuación de Lila Teatro, que nos presentará Rara Avis, para o goce das persoas asistentes. Ademais, o evento contará coa actuación da Gaitaescola, que achegará o seu talento para amenizar a noite, colaborando coa Asociación Xuvenil Xoldra. Tamén haberá sorteos e dispoñerase de carpa coa axuda da asociación O Pasatempo”.

Os beneficios obtidos nesta cea destinaranse integramente á organización do Festival Breason, que...

leer más
23/09/2024

A programación da XXXII Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, inclúe actividades como degustacións e venda de fabas o sábado e o domingo, exposicións e demostracións de artesáns, showcookings, cata de viño, concentración de vehículos clásicos e varias actuacións musicais.

As actividades comezarán o venres 4 de outubro ás 20:30 horas cunha cata comentada de viño a cargo da adega Alán de Val (D.O. Valdeorras) no Claustro do Mosteiro. E ás 22.30 horas haberá verbena no Campo dos Bolos, amenizada pola orquestra Montreal e DJ Cosme.

O sábado 5 de outubro ás 11:00 horas terá lugar a apertura da XXXII Festa da Faba: ás casetas de fabeiros, na Praza do Conde Santo; o stand Institucional da Mancomunidade de Concellos da Mariña; demostracións e exposición de artesáns nas prazas e rúas da vila;...

leer más
22/09/2024

A asociación organizadora das feiras e festas de As San Lucas, en Mondoñedo, anuncia os participantes no espectáculo de doma nocturna de cabalos que haberá os días 18 e 19 de outubro, venres e sábado, ás 21:00 horas na Praza da Catedral mindoniense. Son Marie Alice, Santiago Amador, Kevin Ferreira e Javier Simón.

Os organizadores explican que “Santiago Amador foi campión de Andalucía, de España e do mundo en alta escola española; Kevin Ferreira, dende Francia repite como o mellor volteador de Europa; Marie Alice Simeoni, tamén dende Francia, traballa con 4 ponis en liberdade acompañados de dous cans, que fan desta domadora un espectáculo único; e Javier Simón, o culpable de que sigamos contando con este evento un ano máis, que nos acompañará co seu poni Jeromi”.

 

Etiquetas:
21/09/2024

Ourol acollerá un espectáculo de circo a cargo da compañía de Dani Blanco, con teatro, malabares, equilibrios, música, clown, etcétera. Será o día 24 de setembro, martes, ás 18:30 horas no Edificio Multiusos.

É unha actividade destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias, con entrada libre e gratuíta.

20/09/2024

O Concello de Viveiro presenta a programación do Teatro Pastor Díaz para o último cuadrimestre de 2024, que inclúe 14 actividades e comezará o día 28 de setembro. A primeira representación desta programación será 'Apaga o candil', da compañía Contraproducións, dirixida a un público adulto.

Despois da representación de 'Apaga o candil', a programación proseguirá o día 5 de outubro con 'Cinco minutos sen respirar', de Ítaca Teatro.

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que “a 100 anos do seu nacemento, o teatro Pastor Díaz está máis vivo que nunca. Sempre intentamos facer unha programación para todos, con todo tipo de actividades artísticas para todas as idades, dende teatro a música e danza”.

Fernández-Noriega destaca que “para todas as compañías e artistas de...

leer más