Domingos
Do 30 de xuño ao 13 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos, que foi presentado hoxe en Ribadeo.
A concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, manifestou que “coa chegada do verán, retómanse actividades e tradicións propias desta época. Unha delas é o Mercado dos Domingos, que xa vai pola vixésima terceira edición e que se desenvolve nas inmediacións da Praza de Abastos de Ribadeo cada domingo de verán. A nova tempada dará comezo este mesmo domingo, 30 de xuño, e rematará o 13 de outubro”.
O Concello de Ribadeo organiza este mercado en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Saiz dixo que “se trata dun mercado de proximidade de produtoras e produtores da zona, sen intermediarios, onde se poden atopar produtos da horta, pan, ostras, queixo,...
leer másO 7 de abril arrinca en Ribadeo Pasos de Sabiduría, unha actividade organizada pola Concellería de Benestar Social. Todos os domingos de abril, maio e xuño haberá baile no centro social. Será de 18:30 a 21:30 horas con entrada de balde.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, dixo que “desde el Ayuntamiento apostamos una vez más por dinamizar nuestro pueblo. Hace tiempo que muchos vecinos nos solicitaban un punto de encuentro donde poder relacionarse y echar unos bailes, petición que nos pareció una idea estupenda. Nos pusimos manos a la obra y aquí estamos, cumpliendo.
A edil ribadense contou que “empezamos en el centro social de Ribadeo este domingo, 7 de abril, con una actuación en directo, para continuar todos los domingos hasta junio alternando música disco con actuaciones en directo”.
... leer másA Sala Bahía, de Foz, acollerá bailes con actuacións musicais en directo os catro domingos de febreiro, organizados polo Concello de Foz. Son de 19:00 a 22:00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros.
O domingo día 4 actuará Cuarteto Principal, o seguinte estará amenizado polo trío Primera Línea, o día 18 cantará o dúo D´Vicio e o último domingo do mes a actuación correrá a cargo do dúo Matices.
Este domingo, día 1 de outubro, empeza a nova tempada dos Bailes dos Domingos na Sala Bahía de Foz. Nesta ocasión actuará José Manuel Abanico.
E xa están programadas as actuacións para os seguintes domingos de outubro: o día 8 o baile estará amenizado polo dúo Venús, o 15 actuará Aixa Romay, o 22 a música estará a cargo do dúo Matices e o último domingo do mes, o día 29, actuará Manu Contre.
As nenas e os nenos serán os protagonistas o 24 de setembro do Mercado dos Domingos. Esa xornada haberá xincana e música na contorna da Praza de Abastos.
A concelleira de Comercio, Marta Saiz, declarou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos presentando esa intensa axendiña para dinamizar e por en valor o Mercado dos Domingos, un mercado de calidade onde os produtores achegan os seus produtos directamente ao consumidor final. Trátase dun mercado moi diversificado, onde reina o produto da horta, pero onde tamén podemos atopar pan, queixo, embutidos, zumes, ostras, doces e ata cervexas artesas”.
A edil ribadense contou que “o vindeiro domingo, 24 de setembro, os pícaros e as pícaras ocuparán o mercado. A programación inclúe unha xincana Alimentos da nosa terra, a cargo de Eo Alimenta. E tamén teremos un concerto...
leer másDo 25 de xuño ao 15 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos nas inmediacións da Praza de Abastos de Ribadeo. Será en horario de 9 a 14 horas.
O alcalde, Dani Vega, manifestou que “o inicio do verán en Ribadeo é sinónimo de sostibilidade, alimentación de proximidade e consumo local. Esta fin de semana volve o Mercado dos Domingos, que organizamos desde o Concello en colaboración coa asociación de produtores da horta A Sucadoira”.
O rexedor indicou que “o que pretendemos é pór en valor a economía de proximidade, potenciando o consumo de temporada e saudable, coidando do medio, beneficiando a nosa economía local e dinamizando a vila”.
No Mercado dos Domingos participarán 15 produtores e produtoras da zona, que porán á venda froitas, hortalizas, queixos, pan, doces,...
leer másO Mercado dos Domingos pecha a temporada de 2022 en Ribadeo o 9 de outubro con diversas actividades.
O Mercado dos Domingos pecha a temporada de 2022 o vindeiro 9 de outubro. Esa xornada haberá un obradoiro de cociña con produtos da horta, tapas nalgún dos locais da contorna da praza de abastos e música. As actividades foron presentadas polo concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso.
O edil ribadense contou que “o mercado dos Domingos de Ribadeo chega ao seu fin de tempada. Este mercado dunha longa traxectoria é xa unha cita obrigada para moitas persoas de Ribadeo e da nosa comarca, que atopan nel produtos ecolóxicos e de proximidade coma queixos, pan, doces, embutidos, cervexa artesanal, setas, zumes, marmeladas e moitos outros produtos de artesáns e variados da nosa zona”.
Vizoso Galdo dixo: “o Mercado dos Domingos pode considerarse como un dos principais escaparates da Mariña de produtos locais...
leer másO 31 de xullo celebrarase no Mercado dos Domingos unha nova edición de Toma Tomate. Haberá desfile, música e os bares da contorna ofrecerán tapiñas elaboradas con este produto da horta.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “o Concello de Ribadeo, na súa aposta pola promoción da alimentación saudable, sostible e polo produto de proximidade, continúa como todos os veráns a realizar eventos dentro do Mercado dos Domingos. Así o 31 de xullo terá lugar unha cita dedicada ao tomate”.
O edil ribadense sinalou que “o tomate é ese produto que ten orixinado moitas expresións da nosa fala cotiá como toma tomate ou aquí hai tomate e que deixa constancia da súa enorme popularidade. Trátase dunha hortaliza que forma parte e se integra en moitas das receitas dos nosos menús. E é especialmente no...
leer másDo 26 de xuño ao 9 de outubro terá lugar o XXI Mercado dos Domingos na contorna da praza de abastos. Unha cita que impulsa a alimentación de proximidade, a sostibilidade e o consumo local.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “coa chegada do verán, retómanse actividades e tradicións propias desta época. Unha delas é o Mercado dos Domingos,que xa vai pola vixésimo primeira edición e que se celebrará na contorna da praza de abastos de Ribadeo cada domingo dende o 26 de xuño ata o 9 de outubro”.
O edil ribadense explicou que “o Concello de Ribadeo organiza este mercado en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Trátase dun mercado de proximidade de produtoras e produtores da zona no que se poden atopar produtos da horta, outros alimentarios como queixos ou pan e...
leer másO Concello de Foz recupera este domingo os bailes na Sala Bahía. Anunciárono hoxe o alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo.
O rexedor municipal explica que “a situación actual permíteo e hai moitas gañas de volver xuntarnos, de recuperar a vida social, da que tamén depende a nosa saúde mental. Era unha demanda unánime e no xantar dos maiores do pasado 26 de marzo adquirimos o compromiso de recuperar o baile dos domingos á maior brevidade. Cumprimos ese compromiso”.
A concelleira de Asuntos Sociais indica que “despois destes dous anos duros de pandemia xa tocaba retomar o baile dos domingos na Sala Bahía, unha celebración habilitada especialmente para as persoas maiores do noso concello. Emprazámosvos a todas e todos este domingo a desfrutar -iso si, con máscara- das cumbias e pasodobres...
leer más