Eventos

Etiquetas:
18/09/2024

Muras celebrará o vindeiro 22 de setembro unha nova edición da Feira do Poldro, co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A deputada Iria Castro, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente de alcalde Paula Gómez -coordinadora do programa da feira-, acompañadas polo presidente da Asociación de Cabaleiros Atila Benigno Gómez,  presentaron no Alto da Gañidoira o programa da feira, que pon en valor a tradición gandeira e promociona a carne de poldro 

A actividade no recinto feiral arrancará ás 10.00 horas e prolongarase durante toda a mañá con actividades como a calificación de gando, exhibición de escultura de madeira con motoserra, un concurso morfolóxico de Puraga, demostración de ferraxe, desfile de montura tradicional e cabalos engalanados e carreiras de andadura. Ás 12.30 horas as persoas asistentes poderán...

leer más
18/09/2024

O Concello de Lourenzá presentou o cartel anunciador e a pregoeira da XXXII Festa da Faba, que se celebrará desde o venres 4 ata o domingo 6 de outubro.

O cartel desta edición é obra do artista de O Valadouro Xosé Blanco, que  estudou na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso de A Coruña. Participou nas Experiencias de Tecnoloxía e Escola Libre de Sargadelos, onde tamén formou parte do Gabinete de Deseño. Participou ademais en numerosas exposicións con traballos de debuxo, pintura, gravado, cartelismo, ilustracións, etcétera. No cartel que deseñou para esta festa gastronómica, ademais de representar as fabas e as fabeiras, tamén fai un guiño a tradición laurentina, cunha imaxe do Rei Charlo portando unha ramiña de fabas.

Neste acto, no que estiveron presentes a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de...

leer más
Etiquetas:
17/09/2024

A Deputación de Lugo levará esta semana de viaxe a máis de 180 persoas de seis colectivos da provincia co Coñece a túa provincia, oprograma de rutas gratuítas que impulsa a institución provincial para favorecer o turismo de proximidade e dinamizar a economía local. Os participantes de entidades sen ánimo de lucro dos concellos de Lugo, Burela, Begonte, Foz, Mondoñedo e Láncara viaxarán, desde este martes e ata o venres,polo territorio lucense grazas a estas viaxes organizadas para colectivos sen ánimo de lucro da provincia.

Este martes, as asociacións Mulleres Rurais de Alfinete e Lugo en pé…na defensa do rural, ambas da capital lucense, abren a semana con destinos á Mariña e a Ribeira Sacra. No caso de Mulleres Rurais, partiron desde o Centro de Interpretación Terras do Miño con destino a Barreiros e Ribadeo, mentres que os membros de...

leer más
Etiquetas:
17/09/2024

A Agrupación Cultural Francisco Lanza vai facer unha viaxe cultural a Padrón e Compostela con visitas guiadas. Será o 5 de outubro. 

O prezo da actividade é de 75 euros. Desde a organización explican que “como mínimo debe haber 25 inscritos/as”.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a  agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou un whatsapp ao número 699809606. O prazo está aberto ata o 25 de setembro. 

A viaxe contempla unha á Casa da Matanza, Casa Museo de Rosalía; xantar no restaurante Raxoi; visita ao museo catedralicio da Catedral, así como ao Pórtico da Gloria e ás cubertas. 

Etiquetas:
16/09/2024

A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana, deste o venres 20 ata o domingo 22 de setembro. A cita, organizada pola asociación Virxe das Dolores, coa colaboración do Concello, foi presentada pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e polo membro da comisión de Festas Francisco Casas.

O Concello de Cervo anuncia que “a antesala dos festexos será este venres, coa ruta Venres de Petiscos nos locais A Sacabeira, O Almacén, O Caseto de Copa e A Taberna de Sargadelos. Xa o sábado 21 arrincará a festa propiamente dita cunha sesión vermú ás 14:00 horas a cargo de Louband Street Band, que repetirá pola noite na verbena a partir das 22:30 horas, seguida de Disco Móbil Conxuro. E o domingo 22 haberá pasarrúas a cargo de Fol do Raxal e misa solemne ás 13:00 horas...

leer más
Etiquetas:
15/09/2024

Ferrería, no concello de Riotorto, celebrará a festa na honra de San Antonio o día 21 de setembro, sábado.

As actividades comezarán ás 13:30 horas coa misa solemne, e despois haberá procesión e sesión vermú. Seguidamente celebrarase unha comida veciñal.

Os actos rematarán cunha festa verbena amenizada polo dúo Eclipse e DJ Bombardero.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas:
15/09/2024

A comisión de festas da parroquia de Cabarcos, no concello de Barreiros, organiza churrascada e verbena para o día 20 de setembro, venres.

A churrascada, que é aberta a todo o público, empezará ás 21:30 horas. E despois terá lugar a verbena coa orquestra La Fórmula e a discoteca móbil Alejandro Martínez.

A organización anuncia que haberá mesas e cadeiras para a churrascada e que o recinto estará cuberto con carpa.

Etiquetas:
14/09/2024

O Concello de Burela celebra unha nova edición da Semana Europea da Mobilidade, que terá lugar entre o luns 16 e o domingo 22 de setembro. Será unha semana chea de actividades de moi diversa índole para promover a sostibilidade e a accesibilidade. Este ano a campaña ten como tema o "Espacio Público Compartido”, que se suma ao lema da iniciativa, "Combina e móvete!".

A alcaldesa, Carmela López, quixo poñer en valor “a participación de Burela nesta iniciativa europea para fomentar a mobilidade sostible, que é un obxectivo central do noso Goberno e que se materializa no novo Plan de Mobilidade que estamos a desenvolver”.

Pola súa banda, Lina Gómez Pardo, concelleira responsable do Centro de Educación Medioambiental Gaia, destaca “a importancia de promover alternativas de transporte sustentable e de reducir o impacto...

leer más
14/09/2024

Con motivo de celebración do seu centenario, a Confraría de Pescadores de Burela presenta unha nova actividade, titulada Ao Son do Mar, que terá lugar o sábado 21 de setembro ás 18 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela.

“A música mariñeira tamén forma parte da nosa cultura marítimo pesqueira e por iso celebramos esta actividade, xa que é unha forma de divulgar tamén o patrimonio cultural da nosa Confraría de Pescadores
Nesta xornada interxeracional dedicada á música mariñeira e da terra, as distintas bandas tradicionais de Burela rememorarannos os tempos do mar en que a música servía de distracción para os nosos vellos mariñeiros e repicaba ao son das ondas a través de acordeón. Nesta ocasión acompañarannos as agrupacións musicais tradicionais de Burela: Banda Santo Inocencio, Acordeonistas Da Mariña Burela, Ledicia SCR,...

leer más
14/09/2024

A asociación Adega anuncia: “o sábado 21 de setembro realizaremos un Roteirríos na Mariña Lucense. Roteirríos é un programa de itinerarios que pretende unir ríos e persoas nun ambiente lúdico e que se desenvolve dentro do Proxecto Ríos. Achegarémonos a coñecer a contorna do Regato de Santo Estevo de Ermo, un dos principais afluentes do río Masma. Poderemos coñecer e observar os valores naturais e patrimoniais que ofrece este enclave, así como as accións de custodia do territorio que desenvolven as entidades Mariña Patrimonio, Fundación Eira da Xoana e a Irmandade de Santo Estevo”.

Tamén explican: “entre as actividades previstas, ademais do roteiro, faremos unha visita á finca de custodia; achegarémonos á ermida de Santo Estevo do Ermo e á fervenza; tamén aproveitaremos para realizar unha inspección do Proxecto Ríos e coñecer o estado de...

leer más