Ourol acolle un espectáculo de circo da compañía de Dani Blanco o 24 de setembro

Ourol acollerá un espectáculo de circo a cargo da compañía de Dani Blanco, con teatro, malabares, equilibrios, música, clown, etcétera. Será o día 24 de setembro, martes, ás 18:30 horas no Edificio Multiusos.

É unha actividade destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias, con entrada libre e gratuíta.