Cancelación

03/01/2022

Desde o Concello indican que “tendo en conta o aumento de contaxios nos últimos días, desde o Concello de Cervo tomouse a precaución de suspender as actividades previstas para a tarde de hoxe e para mañá. Cancélanse a Festa Infantil, prevista para a tarde de hoxe, e a Festa Acuática de mañá, martes 4 de xaneiro”.

Etiquetas:
05/11/2020

A Concellería de Medio Ambiente anuncia a cancelación do Obradoiro de Alquimia na Cociña, que estaba previsto para este sábado, 7 de novembro, e  tamén os Obradoiros de Nadal, que ían ter lugar todos os venres deste mes.  

A edil Toñi Eijo sinala que “tras a situación provocada pola covid-19 no noso pobo vémonos obrigados a cancelar estas actividades. Facémolo por responsabilidade e como medida de precaución. A nosa intención é facer ambas iniciativas en canto a situación o permita”.

 

Etiquetas:
05/11/2020

A obra de teatro musical Carapuchiña Vermella, da compañía Educateatro Producións, que estaba programada para este sábado, 7 de novembro, na Sala Bahía, de Foz, suspéndense debido á indisposición dun dos actores que forman parte do elenco artístico desa representación.

Anunciouno esta tarde a concelleira de Cultura, Inés López Couto, despois de recibir o aviso da compañía teatral.

 

Etiquetas:
31/10/2020

A compañía Producciones Teatrales S.L. decidiu cancelar o espectáculo de humor Pesadilla en la comedia, protagonizado por Enrique San Francisco e Miki Dkai previsto para o vindeiro sábado, 7 de novembro no auditorio municipal de Burela, dada a alerta sanitaria derivada do covid-19 e a limitación de aforo a 60 persoas imposta pola Xunta de Galicia para os eventos culturais que se realicen en recintos pechados. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, lamenta “as molestias ocasionadas e trataremos de reprogramar máis adiante dito espectáculo. O importe das entradas xa mercadas será devolto automaticamente a través da plataforma online de ataquilla.com”.

 

17/07/2020

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, anunciou hoxe a cancelación da VII Media Maratón Ribadeo – As Catedrais prevista para o 12 de setembro por mor do coronavirus. 

O edil ribadense explicou: “desde a Área de Deportes do Concello de Ribadeo informamos a día de hoxe que se vai a suspender a media maratón que estaba prevista para o 12 de setembro deste ano 2020. Os motivos son debidos a esta crise sanitaria que nos está invadindo un pouco a todos, ocasionada polo Covid-19”.

Jorge Díaz declarou que “esta carreira é un acto multitudinario, que é difícil levalo a cabo nestas circunstancias. Organizar un evento destas características conleva certo manexo de persoas e persoal, entre eles voluntarios, que son persoas que o fan sen ningún ánimo de lucro e axudan a que esta carreira sexa un referente na Mariña e no...

leer más
Etiquetas:
05/07/2020

As Concellerías de Turismo e Medio Ambiente suspenden as rutas xeolóxicas da vindeira semana, debido ao confinamento da comarca da Mariña que vai decretar a Xunta desde a media noite. 

Ramiro Fernández comentou esta tarde que “para estes días estaban previstas dúas rutas, a do Perdouro mañá, día 6, e a do Cantiño o mércores, 8 de xullo. Estas quedan canceladas, debido á situación na que nos atopamos. E despois teremos que decidir en función dos acontecementos”.

O concelleiro de Turismo fixo unha chamada á responsabilidade cidadá: “ou somos conscientes da gravidade desta pandemia e actuamos con responsabilidade ou imos pasar unha grande parte do verán confinados. E esa sería unha moi mala noticia para Burela e para a comarca da Mariña. Vimos de pasar unha primavera moi dura, de vivir unha situación sen precedentes...

leer más
03/07/2020

A cuarta edición da carreira nocturna Rinlo-Ribadeo, programada para o día 22 de agosto, foi suspendida por mor do Covid-19.

O Club Altletismo Ribadeo anuncia que “por mor da situación actual provocada polo Covid-19 e co fin de garantir a seguridade de todxs xs nosxs atletas a organización da IV Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo vese na obriga de suspender a proba prevista para o 22 de agosto. Lamentamos esta nova, mais consideramos que a seguridade e a saúde son algo primordial”.

 

02/07/2020

A Concellería de Turismo e de Deportes de Burela anuncia que se suspenden as actividades das escolas deportivas que ían comezar o vindeiro luns, debido ao rebrote de coronavirus que está a afectar á Mariña. Quedan canceladas tamén as visitas ao barco museo Reina del Carmen. O edil Ramiro Fernández asegura que en canto sexa posible poderían reanudarse ambas cousas. Neste verán non haberá a Ruta do Peixe por motivos de seguridade.

Fernández Rey comentou que “desde as Concellerías de Turismo e Deportes, das que son responsable, queremos anunciar que as escolas deportivas, que tiñamos anunciado que empezarían este próximo luns, dada a situación de incerteza que hai con respecto ao rebrote do coronavirus que está habendo na Mariña, máis concretamente en Burela, imos vernos obrigados a suspendelas de maneira momentánea, ata que as circunstancias...

leer más