Outono
Cervo e Foz serán as seguintes paradas das rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón os días 26 e 27 de outubro.
Noela Feal será a encargada de guiar aos participantes a través da parroquia de Lieiro, en Cervo, onde se unen o liño e o mar. Os asistentes coñecerán a relevancia histórica na produción de liño, a orixe do seu nome, así como o proceso completo da súa elaboración e achegaranse ata o Museo do Mar, onde profundarán nesta temática. Será o vindeiro sábado, 26 de outubro.
Xa o domingo Ana Pena guiará a visita Sabor a mar por Foz, cuxa historia está intimamente ligada ao mar. Os participantes recibirán información sobre a importancia do seu porto, así coma dos astaleiros e fábricas de conservas. Ademais, a través dun paseo costeiro, poderán descubrir algunhas praias e...
leer másO concello de Barreiros foi escenario da presentación conxunta dos produtos que veciñanza e visitantes poderán degustar o vindeiro domingo no marco do Mercadiño de Outono que se celebrará na Praza do Concello.
A alcaldesa, Ana Ermida, quixo destacar a importancia de utilizar as administracións como palancas para impulsar e apoiar iniciativas de calidade e proximidade. “Con esa intención naceron no seu momento os mercadiños organizados por este Concello, desde a área de Dinamización, e nese obxectivo de poñer en valor a produción e o traballo das nosas veciñas e veciños, seguimos traendo produtos de calidade e proximidade en cada mercado.”
“Queremos amosarlle ao mundo o potencial da nosa terra e apostamos por ofrecer un escaparate aos produtos de proximidade. Ademais, nesta ocasión, teremos a oportunidade de...
leer másA vindeira fin de semana seguirán por Trabada e por Xove as rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística durante os meses de outubro e novembro.
A paisaxe fluvial e a etnografía de Trabada serán as protagonistas o vindeiro 12 de outubro. A visita será guiada por Carmen Delia. Os asistentes realizarán unha pequena visita para descubrir tradicións, a historia, o patrimonio natural e industrial de Trabada comezando polo Eo nun espectacular recuncho de Ría de Abres. Os participantes terán a posibilidade de coñecer a vía verde que vertebrou a comarca, ademais de ser parte do patrimonio industrial da Mariña, como é o caso da Sociedade Mineira de Vilaodriz....
leer másO domingo día 13 de outubro terá lugar unha nova edición dos mercadiños estacionais que organiza o Concello de Barreiros e que “volverá encher a Praza do Concello de postos e actividades nos que a veciñanza poderá disfrutar dunha xornada festiva de compras nos distintos postos de artesanía e alimentación. Tamén volveremos desfrutar das saborosas degustacións de produtos de porco celta, coas mini hamburguesas que tan bo éxito tiveron no anterior mercadiño de primavera e tamén, como novidade neste mercadiño, poderemos degustar croquetas e empanadillas que se elaboran desde fai pouco tempo en Barreiros e que se poderá acompañar doutro produto feito neste concello, a cervexa artesá Augas Santas fabricada en San Xusto”, anuncia o Concello.
Haberá actividades para todos os públicos, música en directo, as xa habituais actividades da tarde para...
leer másA vindeira fin de semana arrincan as rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística durante os meses de outubro e novembro.
As actividades desenvolveranse as fins de semana así coma os festivos do 12 de outubro e 1 de novembro. Terán unha duración de 2 a 4 horas e poderán participar nas mesmas ata un máximo de 25 persoas. O prezo será de 5 euros para individual; 8 euros para parella; 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros.
A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase a través da web de Turismo de A Mariña Lucense: https://...
leer másO próximo 5 de outubro arrinca a quinta edición do programa de rutas e visitas guiadas en torno á cultura e natureza dos 16 concellos da Mariña Lucense. Baixo o nome A Mariña. Plans con corazón. 16 rutas e visitas guiadas por 16 concellos, trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística na temporada de outono.
Esta iniciativa ven ser a continuación de A Mariña en Ruta, que agora se renova, introducindo novidades e adaptando a súa identidade á nova imaxe de marca turística da Mariña. Foron programadas un total de 16 rutas e visitas guiadas, que se realizan nos 16 concellos que conforman o xeodestino da Mariña, a partir das propostas realizadas polos guías oficiais de turismo Ana Pena, Boris Vilar, Carmen Delia e Noela Feal, coa...
leer másA Xunta de Galicia ten en marcha ata o 15 de decembro a 18ª edición do programa Outono Gastronómico de Turismo Rural, a iniciativa coa que cada ano promove as viaxes fóra da tempada alta combinando o turismo rural e a gastronomía co fin de desestacionalizar e dar pulo ao sector. Nesta campaña participan 23 establecementos da provincia de Lugo.
O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe un dos aloxamentos adheridos, Casona de Labrada, no concello da Pontenova, para dar a coñecer os detalles deste programa, ao que se adheriron un total de 77 negocios de toda Galicia.
Os consumidores poden escoller entre diferentes modalidades que inclúen menús deseñados especialmente para esta campaña, así como estadías dunha noite ou dunha fin de semana. A maiores, algúns establecementos ofrecen actividades complementarias...
leer másA danza toma de novo a Sala Bahía este venres, 10 de novembro, ás 20:30 horas da man de Marta Alonso Tejada e o seu espectáculo Bailar agora.
É a historia dunha bailarina que nace e crece nos anos 80-90 e que, a día de hoxe, achégase á corentena. Marta Alonso diríxese ao público para compartir un percorrido pola súa traxectoria vital como bailarina e muller; facendo referencia ao estado actual dos seus desexos e soños, comprometéndose en facelos realidade no momento presente. A maneira de levalo a cabo: bailando.
É unha actividade incluída na programación cultural do Concello de Foz é o prezo da entrada é de 5 euros.
A Mariña en Ruta retomará as súas saídas a vindeira fin de semana por Alfoz, Trabada e Xove. As últimas actividades previstas para os pasados días 1, 4 e 5 de novembro tiveron que ser canceladas debido ao paso das borrascas Ciarán e Domingos pola comarca.
A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. De outubro a novembro foron programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, contou que “o vindeiro sábado, día 11, realizaremos a ruta prevista por Alfoz, fortaleza entre a serra e o mar, que será guiada por Ana Pena, de Guía tu día. Para este sábado tamén programamos a ruta por Trabada, viaxe ao...
leer másO Concello de Alfoz programa actuacións musicais para os sábados 7 e 14 de outubro no salón de actos da Casa da Cultura. Serán ás 20:00 horas, con entrada libre e para todos os públicos.
A organización explica: “o sábado 7 contaremos con Cándido Paleo e o sábado 14 coa Rondalla Latexos para disfrutar da música de distintos estilos e de formacións ou intérpretes da zona”.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »