doma

22/09/2024

A asociación organizadora das feiras e festas de As San Lucas, en Mondoñedo, anuncia os participantes no espectáculo de doma nocturna de cabalos que haberá os días 18 e 19 de outubro, venres e sábado, ás 21:00 horas na Praza da Catedral mindoniense. Son Marie Alice, Santiago Amador, Kevin Ferreira e Javier Simón.

Os organizadores explican que “Santiago Amador foi campión de Andalucía, de España e do mundo en alta escola española; Kevin Ferreira, dende Francia repite como o mellor volteador de Europa; Marie Alice Simeoni, tamén dende Francia, traballa con 4 ponis en liberdade acompañados de dous cans, que fan desta domadora un espectáculo único; e Javier Simón, o culpable de que sigamos contando con este evento un ano máis, que nos acompañará co seu poni Jeromi”.