Eventos

30/09/2024

O Alto do Cruceiro, localidade da parroquia de Xuances (Xove), celebrará a Festa do Ramo desde o venres 4 ata o domingo 6 de outubro.

As actividades empezarán o venres ás oito da tarde coa XVI Festa dos Callos, na que cada ración con pan e viño terá un prezo de 9 euros. E na verbena actuarán a orquestra Marbella e Discomóbil Conxuro.

O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión e ás 14:00 horas comezará a sesión vermú coa orquestra Magos, que tamén actuará na verbena xunto á Discomóbil Conxuro.

E o domingo ás 13:00 horas haberá sesión vermú prolongada con Verónica Cambón.

Da organización encárgase a Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro, que destaca que o campo da festa estará cuberto por unha gran carpa.

Etiquetas:
29/09/2024

Vilares, que é un lugar da parroquia de Merille (Ourol), celebrará as festas na honra de San Francisco de Asís os días 4 e 5 de outubro, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres ás 13:00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú, co grupo Alma Latina, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Venús. A partir das 21:00 hora haberá xamón cocido, chourizo e pan gratis.

E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e sesión vermú co dúo Estrellas, que tamén actuará pola noite na verbena xunto a Juanjo Music.

Etiquetas:
29/09/2024

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión a Lugo para o día 6 de outubro, coincidindo co popular Domingo das Mozas, xornada destacada nas festas do San Froilán.

A saída será ás 10:00 da mañá da Estación de Autobuses de Viveiro. Os prezos son 40 euros para soci@s do Seminario de Estudos Terra de Viveiro e 36 euros para as persoas que non pertencen a este colectivo. Os tickets retíranse en Seguros Mapfre Akilino.

27/09/2024

A concentración de vehículos Vespafaba & Clásicos Lourenzá celebrará o seu décimo aniversario os días 5 e 6 de outubro, sábado e domingo. Foi presentada polos organizadores e pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López.

A organización do evento destaca que é “unha cita consolidada xa no calendario dos eventos de vehículos clásicos e motos, sobre todo da mítica Vespa, que atrae participantes de todo Galicia, Asturias e Castela e León” e anuncia que o sábado 5 será a xornada dedicada aos scooters e motos clásicas, con este programa: “recepción de motos a partir das 10:00 horas na rúa Fernández del Riego, onde a partir das 12:00 se celebrarán unha xincana e probas de habilidade, algo moi entretido que capta a atención de numerosos visitantes. A ruta está prevista para as 13:30 horas e percorrerá o Val de Lourenzá, haberá un pincheo polo...

leer más
Etiquetas:
27/09/2024

A Xunta de Galicia colabora coa feira das San Lucas, que se celebrará entre os días 16 e 20 de outubro en Mondoñedo. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe a localidade para participar na presentación deste evento, que organizan o Concello e a Asociación As San Lucas e que conta co recoñecemento de Feira de Interese Turístico de Galicia.

A feira máis antiga de Galicia, que cumpre a súa edición número 868, comezará co pregón de Jesús Díaz Fernández o mércores ás 20,30 horas no auditorio Pascual Veiga. Díaz, diplomado en gastronomía internacional, dietética e nutrición, é un chef de recoñecida traxectoria, un dos grandes difusores da cociña galega en Suiza e membro fundador do centro galego de Berna.

As San Lucas conservan a súa esencia e outorgan aos cabalos o seu tradicional protagonismo...

leer más
Etiquetas:
27/09/2024

A parroquia cervense de Castelo celebrará as festas na honra da Nosa Señora do Rosario o 5 e o 6 de outubro.

O Concello de Cervo anuncia que “a cita comezará o sábado 5 ás 13:00 horas coa misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da orquestra Estelamar, que repetirá na verbena a partir das 22:00 horas, co Grupo Puzzle. Xa o domingo 6 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A continuación terá lugar a procesión e ao remate haberá sesión vermú a cargo do Dúo Belinda”.

A festa está organizada pola Asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Castelo.

Etiquetas:
26/09/2024

A parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebrará as súas festas na honra a San Miguel esta fin de semana, do venres 27 ao domingo 29 de setembro.

As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas con degustación gratuíta de carne de porco á brasa. Despois haberá verbena co grupo Zona zero e Juanjo DJ.

O sábado ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Costa Dorada, que tamén actuará na verbena xunto á Disco Móbil Conxuro.

E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois procesión. De seguido haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena e xantar popular no Campo da Festa, con aforo limitado. Os festexos rematarán cun baile de tarde amenizado pola orquestra Salsarena e Jorge Menéndez.

Etiquetas:
26/09/2024

Este sábado, 28 de setembro, terán lugar os actos centrais de celebración do cuarto centenario da construción do primeiro Forte de San Damián. Haberá unha exposición, visitas guiadas, música e teatro. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “neste  2024 cúmprense 400 anos da construción do primeiro Forte de San Damián. Ó longo do ano foron levándose a cabo diferentes actividades para celebrar esta data e para dar a coñecer a historia do noso Forte como visitas guiadas, conferencias, presentacións de libros…”.

A edil ribadense subliñou que “este sábado damos un paso máis e inauguramos unha exposición permanente, que é o primeiro paso para o que será o centro de interpretación do Forte de San Damián. Esta instalación estará aberta todo o día para que poida visitarse libremente ou con guía. Ás 20:30...

leer más
25/09/2024

Será ás cinco da tarde nas antigas escolas do Canteiro. 

Manuel Rivero, autor do libro Universo Aurora e estudoso deste científica e divulgadora barreirense, explica que “os Bítere dánselle a unha persoa que destaque no mundo da ciencia, da cultura  ou da comunicación. Neste caso, unha persoa que visibilize o que foi a muller no campo da ciencia. Por iso este ano vai a catedrática de matemáticas da Universidade do País Vasco Marta Macho-Stadler. Quizais sexa a figura mais significativa para visibilizar á muller, para relembrar á muller no mundo da ciencia, a través do se blog Mujeres con ciencia. Con frecuencia Marta cita á escritora Marion Carre por cada científica que olvidamos, hay centenares que no nacen. E o caso da Aurora Sampedro era un caso moi similar. Aurora, fai un ano e pico era totalmente esquecida e hoxe afortunadamente xa...

leer más
25/09/2024

O Teatro das Cortes, que está no lugar do Xestoso, en Cabanas (O Vicedo), programa música e teatro para este sábado, 28 de setembro.

As actividades comezarán ás 18:00 horas cun concerto titulado "Para nunca esquecer" a cargo do cantautor Xosé Constenla. Ás 19:30 horas haberá unha lectura dramatizada de textos de Clara Gayo e Carlos Santiago e para as 20:30 horas está programado un concerto de Cé Orquestra Pantasma.

Estas actividades, con entrada de balde, están organizadas pola asociación cultural Volta e Dálle.