O Alto do Cruceiro, localidade da parroquia de Xuances (Xove), celebrará a Festa do Ramo desde o venres 4 ata o domingo 6 de outubro.
As actividades empezarán o venres ás oito da tarde coa XVI Festa dos Callos, na que cada ración con pan e viño terá un prezo de 9 euros. E na verbena actuarán a orquestra Marbella e Discomóbil Conxuro.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión e ás 14:00 horas comezará a sesión vermú coa orquestra Magos, que tamén actuará na verbena xunto á Discomóbil Conxuro.
E o domingo ás 13:00 horas haberá sesión vermú prolongada con Verónica Cambón.
Da organización encárgase a Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro, que destaca que o campo da festa estará cuberto por unha gran carpa.