Teatro das Cortes

20/11/2024

O actor Quico Cadaval actuará na Tarde de Contos e Outras Lerias que haberá no Teatro das Cortes, no Vicedo, este sábado, 23 de novembro. Con esta xornada, para a cal a entrada é de balde, rematará a programación deste ano.

As actividades empezarán ás 18:00 horas con “Ofrendas e diálogos co porco de pedra dos Andrade”. E ás 19:30 horas terá lugar a actuación de Quico Cadaval.

Esta xornada está organizada pola asociación cultural Volta e dálle e conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello do Vicedo.

28/10/2024

O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza un Tarde de Cinema Rural este sábado, día 2 de novembro.

As actividades comezarán ás 18:30 horas cun coloquio sobre cinema rural no que participarán Manolo González (coordinador do Laboratorio Chanfaina, de San Sadurniño), Marisa Otero e Abelardo Rendo, da asociación cultural Sen un Peso, de Vedra). E ás 19:30 horas haberá unha proxección de curtametraxes feitas no rural por xente destes colectivos.

A entrada é de balde para este evento que organiza a asociación cultural Vota e Dálle.

25/09/2024

O Teatro das Cortes, que está no lugar do Xestoso, en Cabanas (O Vicedo), programa música e teatro para este sábado, 28 de setembro.

As actividades comezarán ás 18:00 horas cun concerto titulado "Para nunca esquecer" a cargo do cantautor Xosé Constenla. Ás 19:30 horas haberá unha lectura dramatizada de textos de Clara Gayo e Carlos Santiago e para as 20:30 horas está programado un concerto de Cé Orquestra Pantasma.

Estas actividades, con entrada de balde, están organizadas pola asociación cultural Volta e Dálle.

07/08/2024

O Teatro das Cortes, que está no lugar do Xestoso, na parroquia de Cabanas (O Vicedo), acolle este sábado, día 10 de agosto, a “Ultratarde Chévere”.

As actividades empezarán ás 18:30 horas cun encontro aberto co público por parte das actrices e actores da compañía teatral Chévere. Ás 19:30 horas proxectarase o documental “A viaxe dos Chévere” e ás 21:00 horas representarán a obra titulada “As fillas bravas de Momán”.

Esta xornada está organizada pola Asociación Cultural Vota e Dálle e a entrada é de balde.

20/06/2024

O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, da parroquia de Cabanas (O Vicedo), celebra a primeira Xornada Teatro Terra este sábado, 22 de xuño. Está organizada pola asociación cultural Volta e Dálle.

As actividades empezarán ás 17:30 horas cunha mesa redonda sobre o teatro, a música e outras manifestacións artísticas como ferramentas dinamizadoras. Estará coordinada polo fotógrafo Eduardo de Martís e participarán Alfonso Blanco Torrado, fundador da asociación cultural Xermolos, de Gutiriz; Marisa Freire Blanco , coordinadora e actriz do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros; Afonso García Pena, coordinador teatral da asociación Son D Aldea, de Palas de Rei; Ricardo Bellas Murias, coordinador de actividades da asociación O Nordés; e Antón Vázquez Turnes, coordinador e actor asociación Papaventos, de Vedra.

... leer más