O Teatro das Cortes, que está no lugar do Xestoso, en Cabanas (O Vicedo), programa música e teatro para este sábado, 28 de setembro.
As actividades comezarán ás 18:00 horas cun concerto titulado "Para nunca esquecer" a cargo do cantautor Xosé Constenla. Ás 19:30 horas haberá unha lectura dramatizada de textos de Clara Gayo e Carlos Santiago e para as 20:30 horas está programado un concerto de Cé Orquestra Pantasma.
Estas actividades, con entrada de balde, están organizadas pola asociación cultural Volta e Dálle.