Deportes

Etiquetas:
14/03/2025

Burela acollerá os días 12 e 13 de abril a quinta edición do Enduro Monte Castelo, que se estrea no calendario da Copa de España reforzando a súa proxección como proba de referencia nesta modalidade.

O deputado de Mocidade, Daniel García, participou este venres na
presentación do evento, organizado polo Club Cerezo Bikes co apoio da
Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Burela.

No acto, no que participaron a alcaldesa de Burela, Carmela López, o
tenente de alcaldesa, Mario Pillado, e o concelleiro de Deportes, Carlos
Madar, destacouse a singularidade do circuíto que combina tramos no
monte con tramos urbano, que permiten achegar o evento ao conxunto da
veciñanza.

Daniel Garcia subliñou “a importancia deste tipo de eventos para darlle
visibilidade a esta modalidade deportiva e abrir o abano de
...

leer más
Etiquetas:
13/03/2025

Na rúa San Roque está instalada a exposición Xeración Líder, que conmemora os mil números do suplemento deportivo de La Voz de Galicia. En sete paneis pódense ver medio milleiro de portadas da devandita publicación, que conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. 

A mostra fai un percorrido pola historia do deporte base da provincia de Lugo, centrada en modalidades como o fútbol, o baloncesto e o fútbol sala.  

 

13/03/2025

Este sábado, día 15 de marzo, Burela converterase na sede da I Fase Norte do VII Torneo Interescolas, unha competición que reunirá preto de 700 ximnastas procedentes das provincias de Lugo e A Coruña e da comunidade asturiana.

Nesta primeira etapa as participantes competirán co obxectivo de acadar as mellores puntuacións de cara á II Fase, que se celebrará o 17 de maio en Negreira. E os equipos mellor cualificados en ambas fases obterán a clasificación para a final, que terá lugar en Ourense o 28 de xuño.

O evento está organizado pola Escola Porta Norte, club local que competirá cun total de 50 ximnastas na modalidade de conxuntos, e conta coa colaboración do Concello de Burela.

A xornada de competición iniciarase pola mañá ás 9:30 horas e continuará pola tarde a partir das 16:30 horas,...

leer más
Etiquetas:
12/03/2025

O vindeiro domingo, 16 de marzo, terá lugar o II Trofeo Máster Vila de Ribadeo, que organizan o Club Ciclista Eo e o Concello. A saída está prevista para as 11:00 horas.

A proba disputarase nas categorías M30-40-50-60 masculina e feminina. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o xoves, día 13, ás 15:00 horas en www.fgalegaciclismo.es

O evento, que está organizado polo Club Ciclista Eo e polo Concello de Ribadeo, foi presentado no Pazo de Ibáñez. Ao acto asistiron: Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo; Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes; Iván López, técnico  municipal de Deportes; Dani Vega, alcalde de Ribadeo;  Marcelino López e Ismael Rey, presidente e secretario do Club Ciclista Eo, e Lázaro López do...

leer más
Etiquetas:
11/03/2025

Este venres,14 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar en Ribadeo a Gala do Deporte na que serán premiados 506 deportistas. Está organizada polo Concello e contará con dous invitados moi especiais: Iván Raña e Óscar Pereiro.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “neste evento imos premiar a 506 rapazas e rapaces de 16 modalidades deportivas, que son campións da Mariña, ou que acadaron podios provinciais ou galegos, ou que se atopan nos top 20 en campionatos de España. Queremos recoñecerlles o gran traballo e esforzo que hai detrás de cada unha desas medallas”.

E subliñou que “será unha cita moi especial a que imos ter no pavillón da Avenida de Luarca, xa que imos contar coa presenza de dous grandes deportistas, como son Iván Raña e Óscar Pereiro, aos que lles agradecemos a súa dispoñibilidade...

leer más
Etiquetas:
11/03/2025

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organiza un roteiro por Barreiros para este domingo, día 16 de marzo. Para participar hai que reservar a praza antes do venres 14 de marzo ás 13 horas.

ADEGA anuncia: “o vindeiro domingo 16 de marzo achegarémonos ata a Mariña lucense para coñecer a mina de ouro da Cova, situada no entorno da ría de Foz, e xa pola tarde achegarémonos ata a fraga de Santo Estevo do Ermo, en Barreiros. O percorrido pola ría é de 6 quilómetros (dificultade baixa) e o de Santo Estevo, 2 quilómetros (dificultade media). A ruta iniciarase en Viladaíde, onde deixaremos os coches e dende onde comezaremos a camiñada cara á ribeira da ría de Foz. Neste tramo, faremos unha pequena travesía pola zona intermareal, seguindo un percorrido con fermosas vistas da ría ata chegar á zona da mina romana de ouro da Cova. Ao...

leer más
10/03/2025

A Pontenova acollerá a sétima edición da Ruta da Troita para vehículos todoterreo esta fin de semana desde o venres día 14 ata o domingo 16 de marzo. Este evento está organizada por Team Fozamontes.

As actividades comezarán o venres con degustación de pinchos e presentación da ruta. O sábado terá lugar a ruta para coches, motos e quads, con churrascada ao mediodía e cea con festa amenizada por Hermo Truck. E o domingo haberá trial de obstáculos e circuíto de velocidade.

06/03/2025

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a ruta Muíño Río das Gándaras, en Vilasantar (A Coruña), o sábado 15 de marzo. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta fácil, con 10 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes do 13 de marzo.

05/03/2025

A Federación Galega de Espeleoloxía organiza actividades en Mondoñedo polo Día da Muller este sábado, día 8 de marzo. Unha delas é a presentación do documental titulado Espeleoloxía: substantivo feminino. Será na Casa da Xuventude ás 18:30 horas. A continuación haberá unha mesa redonda sobre o papel da muller no deporte.

Ademais nesa xornada haberá visitas á Cova do Rei Cintolo para persoas non federadas e visita ao Bucle Circular Viana-Niphargus para federad@s.

Etiquetas:
05/03/2025

O conxunto feminino do Burela FS volveuse a enfrontar ao Ence Marín Futsal tres días despois do partido de liga da xornada 22, nesta ocasión, no encontro da semifinal da XVIII Copa de Galicia, celebrada ás 21.00h da tarde de onte no pavillón municipal A Raña de Marín. Tras sufrir tres baixas de última hora, Dinha, Caridad e Cami, sumándose ás baixas xa previstas (Carolina Pedreira e Irene Samper), o conxunto mariñán dominou o encontro non dando tregua ás locais e indo ao descanso cun 1-3 nunha primeira parte na que o Marín perde máis que gaña xogando de cinco durante os segundos 10 minutos. Segunda parte con moita posesión do balón para o Burela aínda que menos goles.

Arrinca cun xogo máis igualado e manténdose o marcador durante os primeiros 10 minutos. Téntao o conxunto de More con xogo de 5 para catro, con Miriam de porteira-xogadora,...

leer más