A Federación Galega de Espeleoloxía organiza actividades en Mondoñedo polo Día da Muller este sábado, 8 de marzo

A Federación Galega de Espeleoloxía organiza actividades en Mondoñedo polo Día da Muller este sábado, día 8 de marzo. Unha delas é a presentación do documental titulado Espeleoloxía: substantivo feminino. Será na Casa da Xuventude ás 18:30 horas. A continuación haberá unha mesa redonda sobre o papel da muller no deporte.

Ademais nesa xornada haberá visitas á Cova do Rei Cintolo para persoas non federadas e visita ao Bucle Circular Viana-Niphargus para federad@s.