Campionato de España

18/06/2024

O concello de Cervo acollerá esta fin de semana, sábado 22 e domingo 23 de xuño, o campionato de España de biathle-triathle. Un evento organizado polo club de pentatlón moderno Penta Lugo en colaboración coa Federación Española de Pentatlón Moderno e do Concello de Cervo.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo concelleiro de Deportes, David Rodríguez; e polo presidente de Penta Lugo, Carlos López.

O evento combina diferentes deportes, Biathle (correr e nadar) e Triathle (tiro-nadar-correr). A cita é no Porto de San Ciprián o sábado desde as 15:30 horas, as probas individuais; e o domingo desde as 10:00 horas, os relevos mixtos. Contará coa participación de preto de cen deportistas de entre 9 e 60 anos.

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a...

leer más