A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta no concello coruñés de Vilasantar o 15 de marzo

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a ruta Muíño Río das Gándaras, en Vilasantar (A Coruña), o sábado 15 de marzo. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta fácil, con 10 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes do 13 de marzo.