Menores

Etiquetas:
15/12/2016
O 21 de decembro terá lugar unha táboa redonda sobre "Abordaxe do botellón ante o consumo excesivo de alcohol na mocidade". Será en Ribadeo na Casa do Mar.
 
A Concellaría de Servizos Sociosanitarios organiza unha táboa redonda para o vindeiro mércores, día 21, titulada Abordaxe do botellón ante o consumo excesivo de alcohol na mocidade. Terá lugar no salón de actos da Casa do Mar ás 20:00 horas con entrada de balde, e foi presentada hoxe no salón de plenos do Concello.
 
A responsable do programa de prevención de drogodependencias e outros trastornos aditivos, Mónica Fernández Lamparte, subliñou que “é unha característica fundamental na adolescencia a baixa percepción do risco, da o mesmo que sexa do hachís ou do alcohol. Ademais o alcohol é algo que os rapaces e rapazas ven moi normalizado porque como eles din, todo o mundo bebe. Bebemos os adultos, imos de viños ou de cañas, na casa bébese, entón non hai percepción do risco nin de que lles...
leer más