Deportes

08/01/2025

A segunda edición da andaina Burela en Marcha Contra o Cancro celebrarase o día 2 de febreiro, domingo, con saída ás 11:00 horas dende a Praza da Mariña e o percorrido será ata a praia da Marosa, ida e volta.

Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, que anuncia que “o prezo da inscrición con camiseta son 10 euros. Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, coa achega que ti elixas”.

Etiquetas:
04/01/2025

Os Sendeiros de Foz iniciarán as súas andainas de 1025 o vindeiro 19 de xaneiro coa Ruta da Auga, en Guitiriz.

A saída está prevista para as 8 da mañá de Foz, a carón de Cenor Belianorte, e de Ferreira ás 8:15 horas. O prazo para anotarse está aberto ata o 15 de xaneiro. As persoas interesadas poden facelo nos teléfonos: 606 71 84 82 ou 670 36 90 17 ou a través do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es

O prezo para os socios federados será de 40 euros, para os non federados de 45 euros e para os socios temporais 50 euros. Está incluído o xantar. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A dificultade da ruta, segundo a organización, é fácil.

Os Sendeiros contan coa colaboración do Concello de Foz. 

02/01/2025

O domingo 12 de xaneiro de 2025 a partir das 10:30 horas terá lugar a carreira de Reis, evento deportivo que está organizado pola Concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros. Colaboran:  Protección Civil de Barreiros, A.D. Augas Santas, Colectivo Cultural Ollomao e A.D Praias de Comado. Todas as probas terán a saída nas inmediacións do centro sociocultural de San Cosme de Barreiros.

O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 9 de xaneiro nas web www.maiskmsbarreiros.gal ou www.championchipnorte.com.

31/12/2024

A segunda edición do Torneo de Reis de Baloncesto Infantil Concello de Burela disputarase os días 3 e 4 de xaneiro, este venres e sábado.

O Concello de Burela anuncia: “non perdas esta cita imprescindible para desfrutar do baloncesto infantil en categorías masculina e feminina. Non faltes! Comeza o ano con deporte, emoción e moita enerxía!”.

Etiquetas:
30/12/2024

Este luns, día 30 de decembro, presentáronse as primeiras Xornadas de Tecnificación de Bádmintón Escolar A Mariña, que se levarán a cabo no Ceip Pedro Caselles Rollán, de Xove, os días 2 de xaneiro (de 16 a 19 horas) e 3 de xaneiro (de 11 a 14 horas). No acto estiveron Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove; Cristina Iglesias, concelleira de Deportes; José Manuel Blanco, presidente da ACD Xove; e Pedro Esmorís, adestrador e representante da AD San Roque.

Estas xornadas están organizadas pola ACD Xove co patrocinio do Concello de Xove e a colaboración da Xunta de Galicia- Deporte Galego- Xogade, Badminton Galicia e AD San Roque.

A inscrición é gratuita e poderán participar todos aqueles/as deportistas que practican o bádminton ou aqueles que estean interesados no mesmo; o único requisito é estar inscrito dentro do...

leer más
27/12/2024

O CD Egovarros presentou este venres a vixésimo quinta edición da Carreira Popular Concello de Viveiro, organizada polo club co apoio do Concello, da Deputación de Lugo e de diversas entidades deportivas.

A XXV Carreira Popular terá lugar en Viveiro este domingo, día 29 de decembro, a partir das 16:00 horas. A alcaldesa, María Loureiro, participou na presentación xunto a representantes do club.

Haberá diferentes categorías: sub 8, sub 10, sub 12, sub 14, adultos feminina e adultos masculina. Estas dúas últimas contarán con primeiro, segundo e terceiro premio, mentres que as categorías infantís non serán competitivas, habendo medallas para toda a cativada participante. Ao finalizar a proba realizaranse diversos sorteos entre os participantes.

As inscricións na carreira realizaranse na...

leer más
20/12/2024

Este domingo, día 22 de decembro, o pavillón de San Cosme de Barreiros acollerá un triangular amigable de fútbol sala. Os equipos participantes, todos de categoría prebenxamín, son:Escolas Deportivas de Barreiros, AD Río Ouro e Ribadeo FS.

O Concello de Barreiros anuncia que “os partidos darán comezo ás 10:00 horas e a partir das 12:30 horas haberá inchables con entrada libre para todas as crianzas que se queiran achegar”.

Etiquetas:
20/12/2024

Cento trece persoas participarán o 30 de decembro na II Marcha Interxeracional San Silvestre, que partirá ás 12 do mediodía da rúa Dionisio Gamallo Fierros e rematará na Praza de España. 

Está organizada polo CAPM A Concordia e polas Concellerías de Deportes, Mocidade e Benestar Social, que contan coa colaboración do ximnasio Origen, de Ribadeo. 

Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes, agradece a participación das asociacións e colectivos que confirmaron a súa presenza nesta cita. Son: Apned, Asociación Guillem Veiga, Asociación Fraternidad, Fundación Edes, Fundación Apertas, Asociación Saúde Mental A Mariña e Fundación Eu Son. 

O edil ribadense anima “a toda a cidadanía de Ribadeo que nos queira acompañar nesta proba pola accesibilidade e pola inclusión a que se acheguen o...

leer más
Etiquetas:
20/12/2024

Este domingo, día 22 de decembro, celebrarase a décima edición da carreira Run Foz Run Nadal.

A organización deste evento deportivo anuncia: “chega o Nadal e con el a IX Run Foz Run Nadal 2024, a 11ª carreira do circuíto de carreiras Duacode RFR24 e a derradeira que coroará aos gañadores/as desta edición. Unha edición que chega con numerosas novidades e un programa repleto de diversión, deporte e familia. O evento presentouse oficialmente este martes, 17 de decembro, acto ao que acudiron membros do equipo municipal, representantes da directiva do Atletismo Ría de Foz e o presidente da ACIA e CCA de Foz. Destacaron a alta participación (preto dos 350 inscritos) e ambiente que se espera e un programa para todas as idades con actuacións máxicas, andaina popular, feira do corredor, talleres e xogos de mesa, carreiras populares para todas as...

leer más
Etiquetas:
19/12/2024

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado, 21 de decembro, o XV Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu.

O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo concelleiro, Adrián Arias, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.

Estímase que medio cento de competidores de toda Galicia acudirán ao Pavillón do CEIP Península da Paz para disputar a competición, desde a categoría alevín ata a sénior na madoralidade de kata individual.

Desde o Concello convidan aos veciños e visitantes a desfrutar desta actividade que se enmarca na programación de Nadal do municipio e que busca promover a importancia da actividade física e a competición deportiva.