Burela acollerá os días 12 e 13 de abril a quinta edición do Enduro Monte Castelo, que se estrea no calendario da Copa de España

Burela acollerá os días 12 e 13 de abril a quinta edición do Enduro Monte Castelo, que se estrea no calendario da Copa de España reforzando a súa proxección como proba de referencia nesta modalidade.

O deputado de Mocidade, Daniel García, participou este venres na
presentación do evento, organizado polo Club Cerezo Bikes co apoio da
Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Burela.

No acto, no que participaron a alcaldesa de Burela, Carmela López, o
tenente de alcaldesa, Mario Pillado, e o concelleiro de Deportes, Carlos
Madar, destacouse a singularidade do circuíto que combina tramos no
monte con tramos urbano, que permiten achegar o evento ao conxunto da
veciñanza.

Daniel Garcia subliñou “a importancia deste tipo de eventos para darlle
visibilidade a esta modalidade deportiva e abrir o abano de
posibilidades de facer deporte. Cantas máis alternativas se ofrecen e
máis diverso sexa o tecido deportivo, máis posibilidades estamos
xenerando de que as persoas de todas as idades se animen a facer
deporte”

Tamen destacou “a labor da organización para sacar adiante a proba,
creando e acondicionando o circuíto, especialmente nos tramos de monte”

A axenda da proba arrancara o sábado 12 de abril cos adestramentos nos
tramos urbanos e culminara o domingo, 13 de abril,  coa competición nos
diferentes tramos do circuíto que conta con 28 quilómetros de percorrido
e 1.400 metros de desnivel.