Adega
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organiza un roteiro por Barreiros para este domingo, día 16 de marzo. Para participar hai que reservar a praza antes do venres 14 de marzo ás 13 horas.
ADEGA anuncia: “o vindeiro domingo 16 de marzo achegarémonos ata a Mariña lucense para coñecer a mina de ouro da Cova, situada no entorno da ría de Foz, e xa pola tarde achegarémonos ata a fraga de Santo Estevo do Ermo, en Barreiros. O percorrido pola ría é de 6 quilómetros (dificultade baixa) e o de Santo Estevo, 2 quilómetros (dificultade media). A ruta iniciarase en Viladaíde, onde deixaremos os coches e dende onde comezaremos a camiñada cara á ribeira da ría de Foz. Neste tramo, faremos unha pequena travesía pola zona intermareal, seguindo un percorrido con fermosas vistas da ría ata chegar á zona da mina romana de ouro da Cova. Ao...
leer másO Proxecto Ríos, iniciativa da organización ecoloxista ADEGA, convoca un curso formativo orientado a profesorado con ganas de facer actividades de educación ambiental sobre os ríos canda ao seu alumnado. Será o día 2 de outubro, mércores, no IES Plurilingüe San Rosendo, de Mondoñedo, de 16:30 a 20:00 horas.
O obxectivo desta formación é facilitar ferramentas ao profesorado para que poida desenvolver actividades de coñecemento dos ecosistemas fluviais, así como da fauna e flora dos ríos, desde un enfoque práctico. O curso contará cunha charla para coñecer o proxecto, unha saída a carón do rego de Valiñadares para a recollida de mostras de macroinvertebrados e a súa posterior identificación para determinar a calidade ecolóxica do río.
A inscrición é gratuíta para esta actividade que financia Augas de Galicia.
Na tarde noite de onte, mércores, celebrouse o acto inaugural de Adega San Damián, o espazo da empresa ribadense Discosta Norte nas súas instalacións de Dompiñor para vender ao público os numerosos produtos que distribúe: viños de todas as denominacións de orixe españolas, licores, vermús, refrescos, cervexas de Estrella Galicia, conservas, aceites, arroces, etcétera.
O xerente de Discosta Norte, José Antonio Veiga, explica que é “unha exposición tipo viñoteca e cun estilo rústico dos produtos que temos, que son moitas referencias, das cales máis do 90 por cento recibímolas directamente das bodegas e das fábricas. Con isto conseguimos que os prezos de venda ao público estean sempre e en todos os casos moi por debaixo do que se pode encontrar en calquera área comercial e incluso por internet. E esa é a gran vantaxe que temos. Dispoñemos de...
leer más