Deportes
A A.D.C. Alboi de Viveiro organiza o Trail Penedo do Galo. A proba terá lugar o domingo 22 de setembro.
O Trail Penedo do Galo consistirá en 15 km. de andaina, 750 mt+, 18´5 km. de trail e 850 mt+.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición en www.galitiming.com e obter máis información no whatsapp 603 34 89 37, no correo electrónico alboiadc@gmail.com, en facebook AdcALBOI e en instagram adcalboi.
O Concello de Viveiro e Protección Civil colaboran na organización desta actividade.
O campo do Árbol do Valadouro acollerá o vindeiro sábado, 14 de setembro, un torneo de fútbol base organizado pola Concellería de Deportes do Valadouro e a AD Río Ouro, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O deputado de Mocidade Daniel García, o concelleiro de Deportes do Valadouro, EliseoTeijeiro, e representantes do club organizador presentaron o torneo, que reunirá máis dunha vintena de equipos das categorías alevín, benxamín e prebenxamín de clubs de Lugo e Asturias e que será un dos primeiros en celebrarse na provincia tras o parón da actividade competitiva e de adestramentos que supón o verán.
O deputado Daniel García valorou “a colaboración entre o concello e ao club para organizar este evento e para ofrecer ás nenas e nenos do concello alternativas de ocio saudable ao longo do ano”e incidiu...
leer másXove celebrará o Día da Bicicleta o día 22 de setembro, domingo, desde as 11:00 horas.
A organización do evento anuncia: “o día 22 de setembro de 2024 ás 11 da mañá vamos celebrar o Día da Bici en Xove. As inscricións serán antes da saída e todos os menores de idade necesitarán unha autorización paterna. Para os máis maiores será un percorrido duns 10 quilómetros e para os pequenos farase unha pequena ruta circular. Tamén contaremos con estruturas de pump track na Praza do Concello antes da ruta e haberá un avituallamento ó rematar a ruta e un sorteo”.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o xerente da piscina municipal, Martín Rodríguez, presentaron hoxe, venres, os cursos e as actividades deportivas que haberá este curso nas instalacións.
“Mantemos todos os cursos de natación para os nenos e ampliamos as actividades dirixidas ás persoas maiores”, asegura María Loureiro, que considera “prioritario ofrecer aos veciños e veciñas a posibilidade de practicar actividades para manterse en forma”.
Natación Infantil ofertase para nenos e nenas nados entre 2019 e 2020, mentres que Natación Nenos será para os nados entre 2011 e 2018. As escolas ofertaranse para os nados entre 2018 e 2009.
A preinscrición farase de maneira presencial e posteriormente sortearanse as prazas. Cada neno poderase pre-anotar nun único grupo e asignaráselle un...
leer másA Concellería de Deportes presenta o I Torneo de Fútbol Base Concello do Valadouro, que se disputará o día 14 de setembro, sábado, no Campo do Árbol, en Ferreira do Valadouro. Será de fútbol 8 para categorías alevín, prebenxamín e benxamín.
Este evento deportivo está organizado Concellería de Deportes do Concello do Valadouro e colaboran a Asociación Deportiva Río Ouro e a Área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta dos Regos e das Fontes, no concello de Riotorto, para o día 14 de setembro, sábado. A distancia a percorrer son 8 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Meira.
A saída será ás 10:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 11 de setembro, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Miguel). O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son.
O Concello de Cervo anuncia que as súas escolas deportivas infantís e de adultos regresan no mes de outubro “cunha ampla oferta para todas as franxas de idade. Xa podedes facer a vosa inscrición na Casa do Concello ou na Casa da Cultura”.
Nas infantís ofrecen ximnasia rítmica, patinaxe, multideporte, balonmán e voleibol e nas de adultos haberá fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga.
O Concello de Burela fai público o listado de actividades deportivas dispoñibles neste curso 2024/2025 para a cativada e a mocidade do municipio.
Trátase de actividades organizadas polas escolas deportivas municipais e polos diferentes clubs existentes en Burela.
“A práctica do deporte e os hábitos de vida saudables desde idades moi tempranas son unha prioridade de goberno para o Concello de Burela”, explica o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez.
Entre as modalidades deportivas dispoñibles hai fútbol, baloncesto, fútbol sala, ximnasia rítmica, tenis, taekwondo, balonmán, patinaxe, patinaxe artística, tenis, rutas en bici e xadrez.
O próximo domingo, 8 de setembro, celebrarase a Quedada XXXVI Marcha Cicloturista, que percorrerá un total de 65 km por Viveiro, pasando por lugares emblemáticos como Sixto, Foxo e As Lobeiras, ata chegar ao Monte San Roque. A saída será ás 9:30 horas dende a Praza Pastor Díaz. A organización corre a cargo de Peña Lar Viveiro, coa colaboración dos Concellos de Viveiro e Ourol.
As inscricións están abertas a través de www.galitiming.com, cun límite de 75 participantes. O prezo para participar na ruta é de 7 euros, mentres que a ruta con comida terá un custo de 20 euros. Tamén se ofrece a opción de comida para acompañantes por 13 euros.
Para máis información, pódese visitar a web www.pclar.es, contactar a través do correo...
leer másO Club Baloncesto Celtas, de Foz, organiza xornadas de portas abertas no pavillón de Marzán este xoves, día 5 de setembro, o martes 10 e o xoves 12 deste mes, de 17:00 a 18:00 horas.
Son para categoría benxamín, persoas nacidas nos anos 2015 e 2026, e para alevín, nacidos nos anos 2013 e 2014.