Deportes
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta pola Fonsagrada para este sábado, día 14 de decembro. É un percorrido de 11 quilómetros fácil e recoméndase levar bastón e calzado apropiado.
A saída será ás 8:00 horas da estación de autobuses de Burela e rematará a actividade “co clásico cocido, para recuperar forzas”.
O prezo para os socios do colectivo organizador é de 35 euros e as persoas non socias terán que pagar 45 euros. Inclúe autobús, comida e seguro.
As persoas interesadas en participar deben anotarse no grupo de whatsapp da asociación ou nos teléfonos 666.60.98.75 ou 676.02.31.77 antes deste xoves, 12 de decembro.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola ruta da Fervenza de Toques, neste concello da provincia da Coruña, para este sábado, día 14 de decembro. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é media baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán en Melide.
A saída será ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse chamando aos teléfonos 619.82.87.84 (Pura) ou 619.37.80.29 (Lupe). O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.
La Peña Ciclista Lar, de Viveiro, organiza la Cronoescalada Monte Castelo para BTT y trail el día 22 de diciembre, domingo.
La organización explica que la prueba se desarrollará por los senderos y pistas marcados tanto para corredores como para bicicletas por caminos prácticamente sin coincidencia entre ambos. Las distancias aproximadas son: 6,5 kilómetros para bicicletas y 3 kilómetros para corredores.
La salida será desde la iglesia de la parroquia de Galdo (Viveiro) a las 10:00 horas y la llegada en el alto del monte Castelo.
O 30 de decembro ás 12:00 horas terá lugar en Ribadeo a II Marcha Interxeracional San Silvestre Máis metros máis posibilidades, que organizan o Centro de Día A Corcordia e o Concello.
O edil de Deportes, Francisco José Silvent, explica que “o percorrido desenvolverase entre a rúa Dionisio Gamallo Fierros e a Praza de España. Son 150 metros. Esta actividade está pensada para persoas de todas as idades. O obxectivo é apostar porque a accesibilidade estea presente na nosa vida cotiá”.
O prazo de inscrición para participar nesta marcha está aberto desde hoxe ata o 16 de decembro. Pode facer no Centro de Día A Concordia de xeito presencial ou chamando aos teléfonos 982 120 407 ou 638 295 573.
No acto de presentación, que tivo lugar no Centro de Día A Concordia, participaron a concelleira de...
leer másO campus será impartido por adestradores e xogadores do Ribadeo FC e da SD Ribadeo no campo de fútbol O Outeiro, na Devesa, en horario de 10 a 14 horas os días 23, 26, 27, 28 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro. Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 637 870 316 ou ao correo electrónico ribadeofutbolc@gmail.com
Na presentación Dani Moirón, coordinador deportivo do Ribadeo FC explicou que “el Ribadeo FC celebra su primer campus de Navidad con la idea de promover valores deportivos y humanos, hábitos saludables y positivos, ayudar a la conciliación familiar y expandir el sentimiento ribadense”. E subliñou que “niños y niñas podrán disfrutar durante ocho días de la mejor formación a nivel futbolístico. El horario será de 10 a...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 8 de decembro, domingo, a ruta de Maeloc, en Bretoña (A Pastoriza). A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 4 de decembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e destaca que nese percorrido gozarán dunhas vistas magníficas xa que subirán ao alto de Carracedo.
Este domingo, día 24 de novembro, o concello de Barreiros acollerá no campo de fútbol de As Valgas (San Miguel de Reinante) o Campionato Comarcal da Mariña de Campo a Través para as categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.
A proba está organizada pola Agrupación Deportiva da Mariña no marco do programa Xogade, da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, Protección Civil de Barreiros, Eroski Barreiros e Iberia Club de Fútbol.
O pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño, de Ribadeo, acolle este domingo, 24 de novembro, desde as 11 da mañá dúas xornadas da Liga Regular Prebenxamín de hóckey liña.
Na cita participarán equipos chegados da Coruña, de Lugo e de Ourense. No pavillón mediranse os Rollers, os Tiburóns, os Lóstregos, Meigas e Brigantiums e os Trasnos, de Ribadeo.
O evento está organizado polo Club de Hockey Isla Pancha coa colaboración do Concello de Ribadeo, a Federación Galega de Patinaxe, Deporte Galego e Xunta de Galicia.
Este domingo, 17 de novembro, terá lugar a III Marcha de BTT organizada pola Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros.
Trátase dunha proba deportiva non competitiva de bicicleta de montaña que discorre por pistas e sendeiros na contorna do concello de Barreiros. A ruta pasará por puntos moi fermosos como son a fraga do Santo Estevo do Ermo, o xacemento de A Roda e subirá aos cumios de Penabor e Comado.
A saída darase ás 9:30 horas desde a pista de Pádel en San Miguel de Reinante e as e os participantes deberán cubrir unha distancia de 34 km e 1.100 metros de desnivel positivo. Segundo sinalan desde a asociación organizadora, “Ao non ser unha proba competitiva, haberá variantes ben sinalizadas nos puntos de maior dificultade para que todo o mundo poida gozar da xornada sen verse limitado pola súa destreza ou...
leer másAta o 26 de decembro estará aberta a inscrición para participar na XXXIV San Silvestre de Ribadeo, que foi presentada polo alcalde, Dani Vega, pola concelleira de Seguridade, Montse Seijo, polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e polo técnico de Deportes, Iván Rodríguez.
O edil ribadense contou que “hoxe ábrense as inscricións para participar na trixésimo cuarta San Silvestre, que terá lugar en Ribadeo o último día do ano. As persoas que queiran participar poden anotarse ata o 26 de decembro en www.championchipnorte.com”.
Silvent explicou que “a saída da mini San Silvestre, para nenas e nenos menores de 4 anos, terá lugar ás cinco menos vinte da tarde; a saída para os pícaros de 4 a 7 anos será ás cinco menos cuarto. A milla para rapazas e rapaces de...
leer más