Deportes
Esta fin de semana, sábado 14 e domingo 15 de setembro, celebrarase a quinta edición das Carreiras de Cabalos Cidade de Viveiro, no campo de fútbol de Celeiro.
O Concello de Viveiro anuncia que “o recinto abrirá ambas xornadas a partir das 9:00 do sábado 14 de setembro e do domingo 15 de setembro, contando con diversas actividades ao longo de todo o día”.
O evento está organizado pola Asociación Cabaleiros do Landro, a Federación Hípica Gallega e Rilo, ademais de polo Concello de Viveiro. Haberá miles de euros en premios.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que "con esta 5ª edición as Carreiras de Cabalos consolídanse como un evento deportivo clave en Viveiro, co que temos a gran honra de colaborar".
As Escolas Deportivas de Lourenzá e o Concello organizan a décimo cuarta edición da Carreira Popular Val das Fabas que se celebrará o 28 de setembro.
Ás 17:00 horas terá lugar a saída das categorías menores e ás 18:00 a da proba absoluta cun percorrido de 6.330 metros. Haberá trofeos para todas as categorías e de regalo unha camiseta técnica.
As persoas interesadas poden facer a súa inscrición en championchipnorte.com ata o 24 de setembro.
Coorganiza esta proba a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia-Deporte Galego co patrocinio da Deputación de Lugo, Caixa Rural Galega e CCNorte Sports.
O Concello de Barreiros organiza unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as actividades das súas escolas deportivas para a tempada 2024/25. Serán desde o luns 16 ata o xoves 19 de setembro.
“Convidámosvos a descubrir as actividades deportivas que temos preparadas para esta nova tempada! Se tes fillos/as con interese en deportes como atletismo, fútbol sala, patinaxe, karate ou skate achégaos para que poidan probar estas disciplinas, coñecer ao monitorado e resolver calquera dúbida ou información que precises. Unha oportunidade perfecta para que as máis pequenas/os se inicien no deporte dun xeito divertido e saudable. Logo, xa en abril, organizaremos unha xornada de portas abertas de surf na praia de Coto. E non esquezas, as inscricións estarán abertas ata o 24 de setembro”, anuncia o Concello de Barreiros.
Acisa colabora un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todas as persoas que completen a decima edición o vindeiro sábado, 14 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo empresarial ribadense.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo “dende Acisa estamos satisfeitos de poder colaborar un ano mais co Concello aportando as medallas de fin de carreira da décima Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar este sábado, día 14. Todas as corredoras e corredores que rematen a carreira recibirán unha medalla conmemorativa xentileza da nosa asociación. Ademais, algúns negocios asociados a Acisa tamén quixeron aportar unha pequena colaboración, en forma de regalos para sortear entre os participantes”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, destacou que “a Media Maratón é moi...
leer másO Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme e San Miguel presentaron a oferta de actividades que programarán para esta tempada que dará comezo no mes de outubro.
Ambas entidades traballaron de forma coordinada nas últimas semanas co obxectivo de non solapar propostas de actividades na medida do posible para facilitar así a inscrición e a conciliación das familias do municipio.
Por un lado, o Concello de Barreiros presenta as actividades deportivas para crianzas e adultos, un total de 13 disciplinas, 7 para as crianzas e 6 para as persoas adultas. Como novidades inclúense as actividades de Karate e Skate, coa que se busca complementar os meses anteriores á oferta de Surf por ter unhas características similares ambas disciplinas. As outras disciplinas serán atletismo, fútbol sala, natación...
leer másA pasada media noite pechouse o prazo de inscrición para participar na X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar este sábado, 14 de setembro. A cifra é de récord, en palabras do concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
O edil ribadense asegurou: “estamos moi contentos cos datos de inscrición na X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Pechamos a inscrición esta noite con 937 corredores e corredoras, que é un auténtico récord para esta proba”.
Silvent subliñou que “cada ano son máis os atletas que se animan a participar na media maratón Ribadeo-As Catedrais. Moitos veñen acompañados das súas familias ou de amigos e pasan a fin de semana na nosa vila, co que iso supón para os hoteis, para os restaurantes e para o comercio. Deporte e turismo van moi unidos nestes eventos deportivos, que contribúen á...
leer másO día 21 de setembro, sábado, a partir das 18:30 horas terá lugar a sexta edición da carreira Mondoñedo Monumental, que organiza o Concello mindoniense. Todas as probas terán saída e chegada na Praza da Catedral.
A entrega de dorsais será a partir das 16:00 horas. Ás 18:30 empezará a carreira de cativos (non competitiva para nenos e nenas nacidos no 2017 e anos posteriores), nunha distancia de 200 metros. Ás 18:35 saíra a sub-10 (para nenos e nenas nacidos nos anos 2015 e 2016), cunha distancia de 950 metros. Ás 18:45 empezará a sub-12 (para nenos e nenas nacidos nos anos 2013 e 2014), nunha distancia de 1.900 metros. Ás 19:05 sairán as de sub-14 e sub16 (nenos e nenas nacidos desde o 2009 ata o 2012), cunha distancia de 2.850 metros. E ás 19:15 horas será a saída da carreira absoluta.
Desde este mércores e ata o domingo, día 15 de setembro, disputarase o III Torneo de Pádel Concello de Viveiro. Haberá varias categorías: Primeira Masculina, Segunda Masculina, Terceira Masculina, Mixta e Feminino.
Na presentación do campionato participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o segundo tenente de alcalde, Xesús Fernández, e membros do Club de Pádel Ego de Viveiro.
“O pádel é un deporte en auxe moi practicado por persoas por todas as idades en Viveiro”, asegura a alcaldesa, María Loureiro, que agradece o traballo do Club de Pádel Ego de Viveiro.
Praias de Comado organiza a oitava edición do Trail Monte Comado, en Reinante, que se celebrará o 13 de outubro.
A proba terá as distancias de 26 km. 1400+ e 12 km. 700+. As persoas interesadas en participar poden obter máis información e inscribirse en www.maiskmmsbarreiros.gal ou www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com.
O Concello de Barreiros coorganiza esta actividade coa que colaboran a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, Deporte Galego e Protección Civil de Barreiros.
Medela MTB organiza a segunda edición de Mini BTT o domingo 29 de setembro.
A prova terá lugar no Polígono de Cuiña en San Ciprián-Cervo a partir das 10:00 horas.
As persoas interesadas poden inscribirse na web da Federación Galega de Ciclismo e obter máis información no facebook medelamtb.
O Concello de Cervo colabora na organización deste evento así como Rodabell, Cerezo Bikes e a Federación Ciclismo Galego.