Ximnasia Rítmica
O día 23 de novembro, sábado, disputarase no Pavillón Municipal de Lourenzá a segunda edición do Trofeo de Niveis de Patinaxe Artística A Mariña.
As Escolas Deportivas do Concello de Lourenzá anuncian: “o 23 de novembro tedes unha cita coa sección de patinaxe das escolas, no pavillón de Lourenzá, en horario de mañá (10:00h-14:00h) e de tarde (16:00h-20:00h). Este ano é moi especial xa que temos representación de moitos lugares de España, sendo un total de 105 participantes”.
Os equipos asistentes son: ACD Xove, Club Anca, Rodando Corrales, Rodando Polanco, CP Langreo, CP Castrillón, CP Renedo/Cigales, Escola Lubiáns, CP Fervello, CP Enxebre e ED Lourenzá.
“Estamos moi agradecidos a tódolos participantes e, como non, aos establecementos colaboradores e patrocinadores, posto que sen eles...
leer másBurela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga Provincial de Ximnasia Rítmica nos niveis escolar, promoción e prebase. Trátase dunha das citas máis importantes da ximnasia na provincia de Lugo, e contará con preto de 600 ximnastas participantes. Terá lugar este domingo, día 21 de abril. O equipo comarcal, a Escola Porta Norte, que conta cunhas 70 ximnastas en Burela, participará en todos os niveis da competición.
"Dende o Concello de Burela sempre apostamos polos eventos deportivos de nivel, como é o caso desta competición", sinala a alcaldesa Carmela López. A rexedora quixo "dar todo o noso ánimo ás ximnastas da Escola Porta Norte, que de seguro lograrán excelentes resultados nesta cita".
Na mañá do domingo disputaranse as competicións do nivel Promoción nas modalidades de Conxuntos e...
leer másPreto de 800 ximnastas se darán cita esta fin de semana en Ribadeo. O sábado celébrase o 4º Torneo Interescuelas Fase Norte de Ximnasia Rítmica e o domingo terá lugar o XXV Aniversario do Torneo Concello de Ribadeo de Ximnasia Rítmica. Os eventos deportivos foron presentados este mediodía no salón de plenos do Concello polo alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, Nelly Bouso da Escola Porta Norte, que é o club organizador, e Iván López, técnico de Deportes.
Nelly Bouso contou que “o sábado celebramos o 25 aniversario do Torneo do Concello de Ribadeo de Ximnasia Rítmica. Este ano é unha edición especial porque xa que son 25 anos non quixemos deixar de organizalo a pesar das circunstancias porque queríamos celebrar coas nosas compañeiras que levan estes 25 anos vindo. Seguir celebrando isto, que para nosoutros é...
leer másRibadeo acollerá mañá, sábado, o 3º Torneo Inter Escolas de Ximnasia Rítmica na súa fase norte. No campionato daranse cita unhas 120 ximnastas de 6 clubs da provincia de Lugo e da Coruña. O evento, organizado polo Club Marusia coa colaboración do Club Porta Norte de Ribadeo, dará comezo ás nove e media da mañá e terá lugar no pavillón municipal.
A responsable do Club Porta Norte, Nelly Bouso, explicou que “é unha parte do torneo Inter Escolas, que se realiza entre todos os clubs de Lugo. Compiten as nenas do nivel máis baixo de competición das escolas, as nenas que se inician neste deporte. O que celebramos nesta ocasión é a fase norte, compiten as ximnastas da provincia de Lugo e da Coruña. Aproximadamente van participar unhas 120 ximnastas. Están divididas en tres quendas de competición para non superar os aforos e cumprir así o...
leer másMañá, 17 de maio, vaise celebrar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXIV TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia.
O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar ás 16:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia de 9 equipos: as Escolas Municipais de Xove, Vilalba e Castro, o C. Porta Norte de Burela/Ribadeo, o C. Filigrana de Lugo, o C. Ximnasia de Viveiro, o C. Ximnasia Areoura de Foz, o C. Violeta de Baamonde, o C. Abrente de Pontevedra e o Club Xirandela de Sarria.