Antroido

Etiquetas:
01/02/2024

O Concello organiza o Antroido 2024 en Ribadeo coa colaboración de Acisa e de diversas empresas, asociacións e colectivos ribadenses. O cartel xa foi presentado. 

Coa idea de dinamizar diversos espazos da vila como o da zona vella, o sábado 10 de febreiro a 01.00 da madrugada terá lugar o sorteo de tres grandes premios: 2000 euros en metálico doados polas charangas Aturuxo e A Choca, 500 euros en metálico doados polos locais da zona vella Ribadeo e 200 euros en vales de compra, doados por ACISA Ribadeo. 

Non menos importante será o premio que se reparta o domingo 11, Lardeiro, o día máis tradicional do Antroido ribadense, e que ten como protagonistas á Comparsa do Cocho e a figura da Mascarita. Ir vestido de Mascarita será precisamente a chave para poder optar a unha viaxe para dúas persoas ao Carnaval dos...

leer más
24/01/2024

O obxectivo da organización “é enxalzar o Antroido tradicional, a súa esencia, baseada en tres figuras características desta celebración en Ribadeo: a Mascarita (ese personaxe espontáneo, satírico e humorístico tan propio do noso acervo cultural e tan esquecido ao mesmo tempo,)  o días do Cocho e da Queima. Queremos centrarnos nestes elementos diferenciadores e relevantes da tradición carnavaleira ribadense”, subliñou a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz.

A edil contou que “a programación arrincará o día 3 de febreiro coa celebración da Gala do Antroido, que estará dedicada á música e na que participarán moitas asociacións e colectivos de Ribadeo. O día 4 terá lugar unha homenaxe a Alfonso Rodil e a todas aquelas persoas que formaron parte de diferentes comisións organizadoras e que xa non están entre nós. Tamén será homenaxeado...

leer más
Etiquetas:
24/01/2024

Folgueiro, no concello de O Vicedo, celebrará o seu Antroido o sábado 10 de febreiro. Está organizado pola Asociación de Veciños Airiños do Folgueiro.

A partir das 20:30 horas haberá degustación gratuíta de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido. A continuación terá lugar o baile amenizado pola orquestra Fuego e a disco móbil Olympo. E entregarán premios aos mellores disfraces nas categorías de grupos, parellas e individuais.

 

Etiquetas:
28/07/2019

A Asociación Cultural Cultura do País, con local social no Carril das Hortas da cidade de Lugo, preséntase no Valadouro cunha disertación sobre a tradición do Antroido na comarca valeca.

O dramaturgo Manuel Lourenzo será o encargado pronuncie a conferencia intitulada “O Antroido tradicional no Valadouro” o vindeiro venres, 2 de agosto, ás 19:00 horas.

A cita terá lugar na Casa da Cultura que leva o nome do escritor, no local anexo ao vestíbulo. Previamente, terá lugar unha breve presentación dos obxectivos de Cultura do País, un colectivo que se asenta na comarca logo de que varias persoas de Alfoz e Ferreira creasen un grupo estábel. 

Fillo predilecto do Valadouro desde hai unha década, Manuel Lourenzo inaugura o proxecto cultural na comarca, exercendo como mestre de cerimonias na...

leer más