Trámites

19/03/2025

O Concello de Ourol, en colaboración coa Subdelegación do Goberno de Lugo, vai a levar a cabo unha sesión informativa de asesoramento en trámites e xestións máis habituais así como na obtención do certificado dixiltal e clave permanente para poder relacionarnos coas administracións públicas. Será este xoves, día 20 de marzo, no Salón de Plenos do Concello a partir das 10:30 horas.

“Nesta sesión contaremos con persoal da Subdelegación do Goberno de Lugo, do Instituto Nacional da Seguridade Social e do Servizo Público de Emprego Estatal. Para poder participar nesta actividade deberán reservar a súa praza chamando ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.489.457”, explica o Concello de Ourol.