Restos
As Escolas Vellas de San Cosme de Barreiros (Anexo do edificio do Concello) acollerán o domingo 30 de marzo (19:00 horas) unha conferencia sobre os resultados do proxecto de escavación en Santo Estevo do Ermo, impulsada por Mariña Patrimonio, a Fundación Eira da Xoana e a Irmandade de Santo Estevo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.
O director da escavación Francisco Alonso Toucido encargarase deste acto divulgativo en que fará o balance das sondaxes e catas que realizaron o pasado mes de outubro, enfocadas en localizar os restos da igrexa e as cabanas das eremitas que fontes históricas escritas ubican neste lugar desde o século XII.
O deputado Daniel García, que visitou o xacemento nas últimas semanas xunto coa alcaldesa Ana Ermida, o concelleiro Dámaso Ratoeira...
leer más