
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza este venres, 21 de marzo, ás 20:30 horas na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz unha palestra de Alba Díaz Geada sobre as mudanzas históricas na Mariña e na Galiza na segunda metade do século XX.
Alba Díaz Geada, profesora de historia na Universidade de Santiago de Compostela e veciña de Nois, ven de publicar un libro titulado Unha historia pequena da Galiza rural (1939-1982), onde analiza os cambios no rural galego, con referencias ao acontecido na Mariña e en Foz.