amarinha.gal
Este venres, día 28 de marzo, ás 5 e media da tarde a Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, acollerá o evento titulado Soberanía Dixital III: Linux para a casa. É unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e comprensión cos nosos aparellos electrónicos tipo ordenador ou móbil.
A organización desta actividade explica que “esta charla taller e posterior coloquio é a terceira actividade do ciclo que se desenvolverán ó longo de 2025 impulsado polo grupo amarinha.gal nos locais da biblioteca ribadense cedidos polo Concello a tal fin; locais solicitados e concedidos polo Concello para sucesivas actividades. Neste caso co obxectivo de difundir o coñecemento, manexo e posibilidades dun sistema operativo -isto é, dun conxunto de programas de comunicación coas nosas ‘máquinas...
leer másO recentemente creado colectivo amarinha.gal -constituído en inicio por Lucía Ferro (escritora en varias linguas e autora de performances), José Manuel Ventoso (enxeñeiro desenvolvedor de software en varias compañías multinacionais e de xeito independente) e Antonio Gregorio (físico e profesor xubilado)- ofrece unha charla titulada Retomando prazas públicas, para “aprender a usar alternativas a Facebook, Twiter e Google”, anuncian. Será este venres, día 24 de xaneiro, ás 17:30 horas na biblioteca pública municipal de Ribadeo.