ciclo menstrual
19/03/2025
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza un faladoiro titulado Coñece o teu ciclo menstrual. Será este venres, día 21 de marzo, ás 19:00 horas no salón de actos municipal.
Correrá a cargo de María González, matrona e fundadora do Centro M. “Neste taller María vainos proporcionar un autocoñecemento e unha visión positiva do ciclo menstrual da muller, para deste xeito poder obter ferramentas para xestionar o seu ciclo, entendendo cal é a normalidade e o que non é”, explica a organización desta actividade.